|
|
|
Filloas recheas de marisco |
|
Aquí vos deixo unha das receitas que fixen nestas datas. Realmente riquísima e non dá moito traballo.
Ingredientes:
ovos, sal, caldo de marisco, fariña, graxa de porco (ou aceite de oliva)para facer as filloas.
cebola, allo, lagostinos (mellor que non sexan dos cocidos, así aprovéitanse as cunchas e as cabezas para o caldo de marisco), espinacas, bechamel.
Elaboración:
Prepárase un amoado feito con ovos, sal, caldo de marisco e fariña e fanse as filloas. Resérvanse.
Para o recheo picaremos unhas cebolas e uns dentes de allo e rustrirémolos. Despois engadiremos os lagostinos pelados en anacos e deixaremos que se fagan un par de minutos.Despois bótanse as espinacas cocidas e un pouquiño de sal. Por último prepararemos unha bechamel e xuntarémoslla ao recheo.
Agora xa se pode meter o recheo nas filloas e envolvelas en cilindros.
Meter no forno uns 3 minutos e a comer.
Xa me diredes. |
|
|
|
1 komeŋtario(s) |
|
1 |
un truco: para que o caldo de marisco quede estupe#blgtk08#ndo temos que lle botar unha folliña de loureiro. |
|
|
diʃomo touporroutou (28-12-2010 09:46) |
|
|
eskribe akí |
|
|
|
|
|