|
|
|
Cùis Ceud |
|

Nos vellos tempos, cando os homes pensaban que non se falaban linguas diferentes e que o mundo remataba á outra beira do río, na fin do Tamara asentábase sobre o Castro Miobris unha familia xentilicia, os Supertamaricos; era esta xente de pan de landras, bo viño e terras cheas de ouro. Neste populi onde as disparidades, como en todas as sociedades dos tempos, creaban situacións hostís, vivían harmoniosamente Apana e Apanus, fillos de Ambolo e Branha, rapaces novos, pouco belicosos, mais cheos de ansia cando se trataba de amañar o mundo. Estando Apanus un día rematando a súa undécima arracada e pensando xa no seu viño e nas llapras que o esperaban na casa, unha idea fantasmagórica marabillou na súa prezada chola, canso xa de tanto torque e diadema discorreu facer un Leabhar-Clach, pensando que así os seus días de fastío consumaríanse naquel castro. No que non caeu Apanus era de onde el sacaría os avíos necesarios para a súa elaboración, mais non lle deu moito apuro, pois Apana, rapaza coñecedora dos grandes segredos de Miobris, de seguro había ter o xeito de axudalo. Foi así como Apana e Apanus,un día de moitos, no Castro Miobris, dispuxeron dos instrumentos xustos para executaren a súa manobra; como pouco a pouco nos foron detallando na pedra miobrense os feitos, crónicas, sucesos e demais conxunturas que acaecían e acaecen neste castro emprazado nos confíns do Tamara, que non deixa de ser unha reverberación máis de moitas outras proles coma os grovios, caporos, lemacos ou albións.
Apana. |
|
|
|
eskribe akí |
|
|
|
|
|