ToupORROutou


apadríñame!
Levántome todos os días ás 7.00 da mañá, dúchome, almorzo o zume de laranxa que me preparan e unha boa cunca de leite con 10 galletas, lavo os dentes e baixo ao garaxe a coller o coche para chegar ás 8.00 h ao meu destino; un edificio dun organismo público autónomo dependente da Xunta de Galicia (realmente non sei se isto é moi exacto). Alí paso 7 horas de luns a venres, formándome, ou iso é o que di unha especie de non-contrato que obtiven por méritos.

Esta formación consiste en te meteres nun despacho cun ordenador con acceso a internet, uns estantes con libros e un teléfono ao que te chaman para mandarche "documentos de formación", para que ti fagas o máis axiña posible para que poidan saír publicados. Teño que dicir aquí que as persoas máis cualificadas, perdón, as únicas capacitadas en todo o edificio para facer este tipo de traballos somos eu a máis outra persoa que está nas miñas mesmas condicións.

O caso é que xa hai uns anos que rematei a carreira pero parece ser que despois dos estudos universitarios tes que te seguir formando ata os 30 e pico de anos e aínda por riba dar as grazas por non estar traballando limpando peixe ou rozando montes (con todos os meus respectos).

Chamarédesme tolo pero cos 30 e pico de anos que teño (o pico é moi pequeno) eu xa penso no día en que me xubile e goce da vida como a min me gustaría. O problema é que hai que cotizar 35 anos para ter a xubilación completa e, facendo contas, con sorte xubílome aos 70, iso se aínda estou vivo.

Parece ser que os sindicatos se deron conta aínda agora destas ?irregularidades? das empresas, tanto públicas coma privadas e Ce-Ce- O-O (Urdaci dixit) vén de presentar unha campaña para concienciar a sociedade deste problema que sufrimos en silencio moita xente.
Que non quede só niso!



cotizacións á seguridade social: 0 euros

indemnización por despedimento: 0 euros

liquidación: 0 euros

ter un bolseiro na túa vida: non ten prezo


máis información:

1 2 3 4 5
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 14-11-2008 14:40
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Chuza! Meneame
eskribe akí
nome:
korreo: (non o berá niŋgeŋ)
URL: (debe komesar por http://)
komeŋtario:
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0