|
|
|
|
|
Marcia prendeu un cigarro. Era o terceiro da mañá. Xa non era a primeira vez que o intentaba mais non conseguía deixar o hábito. Mirou a hora e deulle un grolo ao café con leite que pedira. Nunca lle gustara o leite mais agora, con 52 anos e en plena menopausa, decidira combater a osteoporose antes de que comezasen a aparecer os primeiros síntomas.
Acostumaba follear o xornal na procura dalgunha noticia interesante. Sucesos, sucesos e máis sucesos. A prensa convertérase na propaganda do medo.
Un xitano mata unha nena despois de violala.
Dous drogadictos atracan unha parella de anciáns á porta dunha igrexa.
-A onde vai parar o mundo?, pensaba ela.
Pechou o xornal, rematou o café e dispúxose a visitar a cidade.
|
|
|
|
eskribe akí |
|
|
|
|
|