|
|
|
O dereito á preguiza |
|
I ? UN DOGMA DESASTROSO
?Sexamos preguiceiros en todo, menos en amar e en beber, menos en sermos preguiceiros.? LESING
Unha estraña loucura se apoderou das clases operarias das nacións onde reina a civilización capitalista. Esta loucura arrasta consigo miserias individuais e sociais que hai dous séculos torturan a triste humanidade. Esta loucura é o amor ao traballo, a paixón moribunda do traballo, levado até ao esgotamento das forzas vitais do individuo e da súa descendencia. En vez de reaxir contra esta aberración mental, os curas, os economistas, os moralistas sacrosantificaron o traballo. Homes cegos e limitados, quixeron ser máis sabios do que o seu Deus; homes fracos e despreciables, quixeron rehabilitar aquilo que o seu Deus maldixera. Eu, que non confeso ser cristián, economista ou moralista, recuso admitir os seus juízos como os do seu Deus; recuso admitir os sermóns da súa moral relixiosa, económica, libre-pensadora, fronte ás terribles consecuencias do traballo na sociedade capitalista.
Na sociedade capitalista, o traballo é a causa de toda a dexeneración intelectual, de toda a deformación orgánica. Comparen o puro-sangue das cortes de Rothschild, servido por unha servidume de bímanos, coa pesada besta das quintas normandas que labra a terra, acarrexa o estrume, que pon no celeiro a colleita dos cereais. Ollen para o nobre salvaxe, que os misionarios do comercio e os comerciantes da relixión aínda non corromperon co cristianismo, coa sífilis e o dogma do traballo, e ollen en seguida para os nosos miserables criados de máquinas.
Cando, na nosa Europa civilizada, se quere encontrar un trazo de beleza nativa do home, é preciso ir consumilo ás nacións onde os preconceitos economicos aínda non desenraizaron o odio ao traballo. España, que infelizmente dexenera, aínda se pode gabar de posuír menos fábricas do que nós prisións e cuarteis; mais o artista alégrase ao admirar o ousado Andaluz, moreno como as castañas, dereito e flexible coma unha vara de aceiro; e o corazón do home sobresáltase ao ouvir o mendigo, soberbiamente envolto na súa capa chea de buratos, chamar amigo aos duques de Osuna. Para o Español, en cuxo país o animal primitivo non está atrofiado, o traballo é a peor das escravitudes.
Os Gregos da grande época tamén só tiñan desprezo polo traballo: só aos escravos lles estaba permitido traballar, o home libre só coñecía os exercicios corporais e os xogos da intelixencia. Tamén era a época en que se camiñaba e se respiraba nun pobo de Aristóteles, de Fidias, de Aristófanes; era a época en que un puñado de xente brava esmagaba en Maratona as hordas da Asia que Alexandre ía en breve conquistar. Os filósofos da antigüidade ensinaban o desprezo polo traballo, esa degradación do home libre; os poetas cantaban a preguiza, ese presente dos Deuses:
O Meliboe, Deus nobis hoec otia fecit (1)
Cristo pregou a preguiza no seu sermón na montaña:
?Contemplade o crecemento dos lirios dos campos, eles non traballan nin fían e, aínda así, dígovos, Salomón, en toda a súa gloria, non se vestiu con maior brillo.?
Xeová, o deus barbudo e rudo, deulles aos seus adoradores o exemplo supremo da preguiza ideal; depois de seis días de traballo, repousou para a eternidade.
En contrapartida, cales son as razas para quen o traballo é unha necesidade orgánica? Os ?auvergnats?; os escoceses, eses ?auvergnats? das illas britanicas; os galegos, eses ?auvergnats? de España; os pomeranianos, eses ?auvergnats? de Alemaña; os chineses, eses ?Auvergnats? de Asia. Na nosa sociedade, cales son as clases que aman o traballo polo traballo? Os labregos propietarios, os pequeno-burgueses, uns curvados sobre as súas terras, os outros retidos polo hábito nas súas tendas, reméxense coma a toupeira na súa galeria subterránea e nunca se endereitan para ollar con vagar para a natureza.
E, con todo, o proletariado, a gran clase que engloba todos os produtores das nacións civilizadas, a clase que, ao se emancipar, emancipará a humanidade do traballo servil e fará do animal humano un ser libre, o proletariado, traicionando os seus instintos, esquecéndose da súa misión histórica, deixouse perverter polo dogma do traballo. Ruda e terrible foi a súa punición. Todas as miserias individuais e sociais naceron da súa paixón polo traballo.
Paul Lafargue
(1) Oh Melibeu, un Deus deunos esta ociosidade. Virxilio.
|
|
|
|
eskribe akí |
|
|
|
|
|