|
|
|
Oracións Capitalistas |
|
Credo
Creo no capital que goberna a materia e o espírito.
Creo no lucro, o seu tan lexítimo fillo, e no crédito, o Espírito-Santo, que del procede e con el é adorado.
Creo no Ouro e na Prata, os cales, torturados na Casa da Moeda, fundidos nos crisois e martelados nas máquinas, reaparecen no mundo como moeda legal; e que, despois de circularen por toda a terra, descenden aos sotos do banco para resuscitar como Papel-Moeda.
Creo no xuro do cinco por cento, do catro ou tres por cento e na Cotización real dos valores.
Creo no Gran Libro da Débeda Pública, que protexe o Capital dos riscos do Comercio, da Industria e da Usura.
Creo na Propriedade individual, froito do traballo dos outros e na súa continuidade até á fin dos séculos.
Creo na necesidade da Miseria, fonte dos asalariados e nai do sobretraballo.
Creo na Eternidade do Salariato, que libra o traballador das preocupacións da propriedade.
Creo no prolongamento do día de trabalho e na redución dos salarios e tamén na falsificación dos produtos.
Creo no dogma sagrado: COMPRAR BARATO E VENDER CARO. E, do mesmo xeito, creo nos principios eternos da nosa Santa Igrexa, a Economia política oficial.
Amén.
Paul Lafargue
|
|
|
|
eskribe akí |
|
|
|
|
|