ToupORROutou


lucecús

por veces, os anuncios de televisión tráenche gratas sorpresas. así me ocorreu o outro día cando escoitaba nun spot esta canción.
con moita imaxinación e cunha voz de contratenor folk, chris garneau fainos viaxar a mundos oníricos pensados no tempo da infancia.
unhas notas de cor barroca pincélanse neste mozo americano que desdebuxa o mundo do pop para anovar, no século XXI, o seu sentido de masas.

próspero camiño!

http://www.youtube.com/watch?v=FuGJfVAgiTM



?lucecús?
Non é fácil, así que vai de vagar.
Estás chegando, estás á volta da esquina.
Ti es un bo amigo. O mellor amigo.
Estás chegando, estás á volta da esquina.
Estaste facendo amigo dos lucecús.
Non podo dicir que iso me sorprenda.
Mais o que eles din non é o que parecen,
E ti estás para dicirnos o seu significado.
Si, ti estás para nos dicir o seu significado.

É un complot, xa cho avisei.
Agora me percato, agora caio en quen son.
Eles din: ?Meus bos amigos. Mellores amigos?
Mais eu doume conta, caio en quen son.
Estaste facendo amigo dos lucecús.
Sabes que cando morren a súa luz permanece viva.
E o que eles din non é o que parecen.
E ti estás para nos dicir que significan
Si, ti estás para dicirnos que significan.
Estaste facendo amigo dos lucecús.
Non podo dicir que me collese por sorpresa.
Mais o que din non é o que parecen.
Así, ti estás para nos dicir que significan.
Si, ti estás para dicirnos que significan.
Si, ti estás para nos dicir que significan.
Si, ti estás para dicirnos que significan.
komeŋta (0) - katehoria: musika - feito o 06-11-2011 00:42
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Chuza! Meneame
eskribe akí
nome:
korreo: (non o berá niŋgeŋ)
URL: (debe komesar por http://)
komeŋtario:
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0