para quen necesite unha pequena retirada de fin de semana www.turgalicia.es
recomendo a casa grande da ferreiría de Rugando no concello de Quiroga.
Alí pódense facer varias rutas de sendeirismo, a ruta do mel e a ruta do aceite, si en Galiza tamén producimos aceite de oliva.
Alí ao lado está tamén Montefurado, un sitio impresionante.
Xa me diredes se ides
Xa queda menos para a aventura.
Durante uns días o mundo terá outra cor, arrecenderá doutro xeito. Seguramente me pase horas fitando para os altos dos edificios, para a xente que camiña pola rúa, para o mar, para a terra e a pedra.
De cada viaxe que se fai hai que aprender polo menos unha cousa nova.
cúmprense 25 anos desta fotografía na que unha señoriña de pano á cabeza da parroquia sonense de baroña levaba un fungueiro na man para escorrentar os endemoniados que lles dera por se espir ao lado das súas leiras e montes, perdendo estes, deste xeito, o seu valor de interese urbanístico.
25 anos despois case ninguén se asusta por verme a pirola ao aire nesta praia nin en ningunha outra. un logro que se debe a eses endemoniados do movemento tetiñas free
a don sabino. in memoriam
(a igrexa mata. apostata)
(?) a vestimenta será de roupas radioactivas, confeccionada sen botóns ou costuras e producida en serie. porana pola cabeza e adaptarase hermeticamente ao corpo, posuíndo a singular facultade de lles axudar a regular a presión e a temperatura do corpo, segundo as modificacións do medio externo.
nas zonas máis frías e máis elevadas, estas vestiduras actuarán sobre a medula ósea, estimulándoa a producir unha maior cantidade de glóbulos vermellos, para atender as alteracións rápidas de altitude.
cinguiranse á cintura cintos ou faixas, nos que estará o centro de control do magnetismo circulante do traxe.
os zapatos serán de material transparente, flexible e adaptable aos movementos anatómicos dos pés delicados e sen calosidades que terán os homes do futuro, por eliminaren da alimentación minerais afíns coa gravidade da terra.(?)
A canle de televisión Telecinco adheriuse ao 'Manifesto pola lingua común', que o pasado 23 de Xuño presentou un grupo de "pseudo-intelectuais" en Madrid.
A canle comparte as exixencias deste grupo de intelectuais, entre os que se encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o castelán sexa a lingua oficial de todo o territorio e a única 'que poida ser utilizada polos seus cidadáns'.
Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais, Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio a este proxecto.
Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.
Xuntos podemos!