é a primeira vez que me galardoan con algo sen me presentar á convocatoria do premio, a verdade é que case podo dicir que é a primeira vez que me premian por algo.
O selo violeta é o recoñecemento a unha determinada bitácora, é un seguro de que o que nela se vai atopar vai ser algo máxico, fantástico.
A cor violeta é a última cor do espectro e, polo tanto, é a última cor que o ollo humano pode percibir, a partir de aí nacen as outras realidades ocultas. A fantasía e a imaxinación son os outros ollos que posuímos e que nos abren as portas a esas outras realidades.
as regras:
Os blogs agasallados deben seguir as seguintes normas:
- Exhibir o selo Violeta.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os blogs que merezan o agasallo.
- Avisar os indicados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as regras.
Levántome todos os días ás 7.00 da mañá, dúchome, almorzo o zume de laranxa que me preparan e unha boa cunca de leite con 10 galletas, lavo os dentes e baixo ao garaxe a coller o coche para chegar ás 8.00 h ao meu destino; un edificio dun organismo público autónomo dependente da Xunta de Galicia (realmente non sei se isto é moi exacto). Alí paso 7 horas de luns a venres, formándome, ou iso é o que di unha especie de non-contrato que obtiven por méritos.
Esta formación consiste en te meteres nun despacho cun ordenador con acceso a internet, uns estantes con libros e un teléfono ao que te chaman para mandarche "documentos de formación", para que ti fagas o máis axiña posible para que poidan saír publicados. Teño que dicir aquí que as persoas máis cualificadas, perdón, as únicas capacitadas en todo o edificio para facer este tipo de traballos somos eu a máis outra persoa que está nas miñas mesmas condicións.
O caso é que xa hai uns anos que rematei a carreira pero parece ser que despois dos estudos universitarios tes que te seguir formando ata os 30 e pico de anos e aínda por riba dar as grazas por non estar traballando limpando peixe ou rozando montes (con todos os meus respectos).
Chamarédesme tolo pero cos 30 e pico de anos que teño (o pico é moi pequeno) eu xa penso no día en que me xubile e goce da vida como a min me gustaría. O problema é que hai que cotizar 35 anos para ter a xubilación completa e, facendo contas, con sorte xubílome aos 70, iso se aínda estou vivo.
Parece ser que os sindicatos se deron conta aínda agora destas ?irregularidades? das empresas, tanto públicas coma privadas e Ce-Ce- O-O (Urdaci dixit) vén de presentar unha campaña para concienciar a sociedade deste problema que sufrimos en silencio moita xente.
Que non quede só niso!
chega o tempo da castaña e con el os magostos. desde que se incorporou á nosa dieta a pataca, a castaña foi relegada do seu posto como acompañamento principal nas comidas. cada vez son máis os restaurantes que lle devolven o protagonismo a este froito seco.
Aquí vai unha pequena e fácil receita para facer neste tempo de magostos.
Puré de castañas
- Castañas
- Leite
- Manteiga
- Azucre
- Sal
Pelar as castañas e poñelas a cocer en leite ata que estean brandiñas. Escorrelas e pasalas polo pasador de puré, engadir unha cullerada de manteiga, sal e un pouquiño de azucre.