ToupORROutou


As ratas
Na Galiza, ise vello pobo,
carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de label.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.


Luís Seoane
komeŋta (2) - katehoria: ʃeral - feito o 31-10-2010 02:53
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
gravado
outra mostra do que se está a facer en breizh. A autora é soizic gilibert. podedes consultar o seu sitio web premento aquí
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 29-10-2010 20:45
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
agora, como na segunda década do século pasado, a xente sabe ben que algo se está cociñando no mundo enteiro: crise, paro, recortes sociais, recortes nos dereitos dos traballadores.
Contra isto temos dúas posibilidades, a primeira é deixar que os fascismos suban ó poder e que fagan o que mellor saben, converter os réximes democráticos en ditaduras, e a outra é a REVOLUCIÓN da cidadanía e aí e onde ti es necesario, imprescindible. contra todos nós non poden facer nada. esperta e decide a túa propia historia.
MOBILIZATE E LOITA!!!
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 20-10-2010 20:51
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
29 S. FOLGA XERAL
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 28-09-2010 10:23
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Labordeta
sempre morren os mellores
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 20-09-2010 14:49
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
poema sen título
cando os fascistas deporten os xitanos,
gardarás silencio,
porque TI non es xitano

cando os fascistas encarceren os nacionalistas,
gardarás silencio,
porque TI non es nacionalista.

cando os fachas veñan buscar as feministas,
non protestarás,
porque TI non es feminista.

cando os fachas veñan buscar os maricóns,
non protestarás,
porque TI non es homosexual.

cando che vaian buscar a TI,
xa non quedará ninguén para protestar.
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 17-09-2010 11:19
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
os burgueses son estúpidos; pero vós, os adoradores da beleza, vós que me chamades flegmático e apático, deberiades pensar que existe unha maneira de ser artista tan profunda, tan determinada polo nacemento e polo destino que nada lle parece tan doce e digno para o vivir como o anhelo das delicias da vulgaridade.

Tonio Kröger
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 03-09-2010 13:27
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
CW Leonis
carbono e auga?
...ummmm. sóame!
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 02-09-2010 12:28
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
tempo
sempre o mesmo, cando me dan ampla marxe para facer unha cousa nunca a comezo no momento..
-pero se teño moitísimo tempo!
así estou agora, coas mesmas ganas de o facer que hai un mes, pero con 30 días menos.
non compensa.
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 31-08-2010 10:23
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Alicante
Une orange sur la table
Ta robe sur le tapis
Et toi dans mon lit
Doux présent du présent
Fraîcheur de la nuit
Chaleur de ma vie.


Jacques Prévert


Unha laranxa sobre a mesa
O teu vestido sobre a alfombra
E ti na miña cama
Doce presente do presente
Frescura da noite
Calor da miña vida
komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 04-08-2010 22:03
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0