|
|
|
Realidade ou Realidades? |
|
 Moita veces pregúntome cal é a diferenza entre vida e non vida, e dentro desa vida a diferenza entre consciencia e non consciencia. Se partimos do feito de que a ?REALIDADE? á que a maioría damos por algo absoluto é unha realidade que nos vén dada a través dos sentidos , isto é, unha realidade sensorial, e estes sentidos sabemos que son limitados, entón, por que estamos convencidos moitos de nós de que fóra do que nos ofrecen estes sentidos non existe nada? Eu diría máis, creo que fóra dos sentidos existe TODO. Cousas que nós podemos imaxinar e cousas que a cabeza non nos dá para chegar a entendelas nin tan sequera a imaxinalas.
Non pretendo facer aquí unha teoría filosófica nin moito menos (ademais seguro que xa hai algo por aí feito), eu só me pregunto: Que pensará un pelo ao ser rañado por unha man?
|
|
|
|
O nome |
|
 Cando eu era cativo e dicía cousas esbardallando ou sen moito sentido a miña avoa sempre me dicía Touporroutou María Antonia, eu descoñecía a identidade desta muller, non sabía se era da Barquiña, da Loxe, de Orro ou de calquera outro lugar veciño, o certo é que eu quedaba parvo mirando para a miña avoa e sabía que era nese mesmo momento no que non cumpría seguir falando.
Agora reutilizo esa vella frase sen xeito nin dereito para poder desbardallar todo cando me saia dos? iso.
A quen non lle guste que non mire e a quen si pois? de momento é gratis ;)
|
|
|
|
Coma un xogo! |
|
- Touporroutou,
que vou para Roma,
touporroutou,
por unha corredoira.
- Touporroutou,
¿que vas buscar?
- Touporroutou,
unha carga de sal.
- Touporroutou,
¿para que é o sal?
- Touporroutou,
para botarlles ás verzas.
- Touporroutou,
¿para que son as verzas?
- Touporroutou,
para darlles ás galiñas.
- Touporroutou,
¿para que son as galiñas?
- Touporroutou,
para poñer os ovos.
- Touporroutou,
¿para que son os ovos?
- Touporroutou,
para comelos todos
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|