ToupORROutou


PARABÉNS!!!
Aínda que cun día de atraso non podía deixar de mencionar que onte foi un gran día para ti (sen te dares conta) e para min tamén.

PARABÉNS NENA!!!

Para ti esta canción.



komeŋta (4) - katehoria: ʃeral - feito o 14-06-2007 18:47
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Pois a verdade é que decidín acabar coa miña etapa infantil, abrirme un pouquiño máis ao mundo adulto, que non sempre é hostil nin desagradable, só lle hai que coller o punto... a ver como vai!!!
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 14-06-2007 17:54
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Test
1. O principal trazo do meu carácter?
Se me coñeces faime un comentario e dimo ti.

2. A calidade que desexo nun home?
A complicidade

3. A calidade que prefiro nunha muller?
en cada unha sempre descubro algo novo

4. O que máis aprecio nos meus amigos?
que me queiran como son. Un bico para todas.

5. O meu principal defecto?
A preguiza,non ser constante, entre outros moito claro.

6. A miña ocupación preferida?
Masturbarme (a ver se hai collóns/ovarios a dicirme que a vós non vos gusta)

7. O meu soño?
Ter poderes

8. Cal sería a miña maior desgraza?
Perder a alguén que quero

9. Que quixera ser?
o que son

10. Onde desexaría vivir?
Gustaríame vivir repartido entre varios sitios como vivo agora

11.A cor que prefiro?
Azul

12.A flor que prefiro?

A orquídea
13.O paxaro que prefiro?

o merlo paréceme moi simpático
14.Os meus autores preferidos en prosa?
Otero

15. Os meus poetas preferidos?
os mortos, hehehe.

16. Os meus heroes de ficción?
Songoku

17. As miñas heroínas de ficción?
Arale

18. Os meus compositores preferidos?
de música? non che sei dicir.

19. Os meus pintores predilectos?
Eu non che entendo moito disto, podería poñer un cadro pero paso.

20. Os meus heroes/heroínas da vida real?
As miñas mulleres (teño moitas) pero en especial miña avoa

21. As miñas heroínas históricas?
Reivindico a figura de Rosalia (xa vos gustaría a vós ser tan choróns/choronas)

22. Os meus nomes favoritos?
Xiana, Nuno, Roque... galegos, curtos e non frecuentes

23. Que detesto máis que nada?
Se penso no mundo en xeral non acabaría hoxe pero resumiríase na inxustiza se falo de min, que me intenten vacilar.
A mentira tampouco me gusta.

24. Que caracteres históricos desprezo máis?
As pseudodemocracias burguesas e a conversión en divindade do liderado.

25. Que feito militar admiro máis?
A miña ditadura. Prohibiría os bombos eses en Bonaval que lle rompen a cabeza a un santo.

26. Que reforma admiro máis?
Aínda non se fixo

27. Que dons naturais quixeras ter?
por suposto o de voar (aínda que non sexa real)

28. Como me gustaría morrer?
Pois de moi vello e coa cabeza funcionando perfectamente. Xusto no momento gustaríame morrer durmindo e acompañado.

29. Estado presente do meu espírito?
Levo moito tempo intentando descubrilo. Podería dicir que estou na busca da fusión co TODO

30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Pois calquera feito que se faga desde a boa vontade (aínd aque saia mal).

31. O meu lema?
reláxate que non é para tanto!!! O fodido é seguilo.
komeŋta (5) - katehoria: ʃeral - feito o 11-05-2007 18:55
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho

Rapaz, eu xa vou algo vello para estas cousas!!!
komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 29-04-2007 02:33
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
sen vergonza ningunha!!!
Xa sei que son un desastriño, pero quen non me coñeza que me compre, e mira que me gusta a min este mundiño pero son tan prea que non dou elixido o momento para poner catro barbaridades xuntas... e iso que eu desvario de carallo, non si? quen me coñece ben supoño que non se asombrará de nada, en fin, que volvo, aínda que prefiro dicir que retomo esta idea. A ver canto tempo me dura...
komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 29-04-2007 02:09
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Aquele que é activo como uma abelha, forte como um touro, trabalha que nem um cavalo e que ao fim da tarde se sente cansado que nem um cão deveria consultar um veterinário porque é bem possível que seja burro.

komeŋta (3) - katehoria: ʃeral - feito o 17-12-2006 00:38
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
MALDITA XENÉTICA!
Vivimos nun mundo no que o queremos todo.
Eu por exemplo; sempre me fodeu non ser quen de dobrar a lingua en forma de V. Si si, inténtao, seguro que ti si que o podes facer, ou non! Se é así , se non o podes facer, déixao estar, non volvas intentalo no que che quede de vida.
Científicos estadounidenses han demostrado que... (así comezaría a noticia en La Voz de Galicia)o de pór a lingua en V é cousa da xenética; vamos que se os teus pais o poden facer ti tamén e se non pois non, coma o de ter pelos nas segundas falanxes ou o de ter o lóbulo da orella colgando.
Eu o único que logrei disto foron os peliños nos dedos, e aínda por riba non en todos.
En fin "el quiero y no puedo de toda la vida (María dixit)".
komeŋta (4) - katehoria: ʃeral - feito o 22-11-2006 10:11
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Chámome Yu Ming
Non dei co xeito de o poñer directamente no blog así que poño a ligazón. Dura 13 minutos pero paga a pena velo.

http://www.atomfilms.com/af/content/yu_ming

komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 17-11-2006 19:30
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho

Por unha parte penso que o descaro é o antónimo da vergonza e eu quero que ti sexas un descarado vergonzoso? coma min. Pero por outra parte penso que hai dous motivos polos que poidas sentir vergonza: porque me queres ou porque non.

komeŋta (0) - katehoria: ʃeral - feito o 17-11-2006 19:29
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
Blogs/Xornalismo

O chamado ?Cuarto Poder? está en crise. A falta de credibilidade, a manipulación, a politización fan que os usuarios dubidemos incluso das noticias que son certas. A xente busca outras alternativas, e a interactividade que oferta esta nova canle parece que está a ser moi ben recibida polos navegantes.

Estará en crise o monopolio da prensa en mans da burguesía?

Estará a xente a reclamar a verdadeira liberdade de prensa para poder ter unha información o máis veraz posible?

Quererá ser partícipe a xente neste novo marco no que se atopa a comunicación mundial?

Como di Xurxo Mariño no seu libro Os dados do reloxeiro: o coñecemento proporciona liberdade e a xente libre é máis difícil de manipular.

Aí queda!

komeŋta (1) - katehoria: ʃeral - feito o 17-11-2006 19:28
# lihasóŋ permaneŋte a este artiho
este blɔ esta peŋsado koŋ heada ɛ seseo

kambio iŋmineŋte
 katehorias
 debuʃos
 botaʎe uŋa oʎada
 buska aki
 kolɛhas
 memɔria
 os d'aŋtes




© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0