|
|
|
Carvalho Calero Día das Letras 2015 |
|
O ano que vén o galego estará de aniversario. Fará 50 anos que por primeira vez na súa historia tivo acceso á palestra universitaria. É de xustiza rendirlle homenaxe ao profesor que así o fixo posible, Ricardo Carvalho Calero, outorgándolle o Dia das Letras Galegas 2015.
#édexustiza
|
|
|
|
Carmen Iglesias Sueiro |
|
 |
|
|
|
a xustiza pola man |
|
 |
|
|
|
independensia |
|
 |
|
|
|
Unha moza |
|
A árbore entrou nas miñas mans
O zume ascendeu polos meus brazos
A árbore medrou no meu peito-
Cara abaixo,
As pólas medran fóra de min, coma brazos,
Ti es árbore
Ti es musgo
Ti es violetas con vento sobre elas
Unha nena ?moi alta- es ti
E todo isto é loucura para o mundo
Ezra Pound |
|
|
|
Alba |
|
Tan fresca coma as pálidas follas húmidas
dos lirios do val
xace ela canda min á alba
Ezra Pound |
|
|
|
TODO é unha farsa! |
|
 |
|
|
|
O dereito á preguiza |
|
I ? UN DOGMA DESASTROSO
?Sexamos preguiceiros en todo, menos en amar e en beber, menos en sermos preguiceiros.? LESING
Unha estraña loucura se apoderou das clases operarias das nacións onde reina a civilización capitalista. Esta loucura arrasta consigo miserias individuais e sociais que hai dous séculos torturan a triste humanidade. Esta loucura é o amor ao traballo, a paixón moribunda do traballo, levado até ao esgotamento das forzas vitais do individuo e da súa descendencia. En vez de reaxir contra esta aberración mental, os curas, os economistas, os moralistas sacrosantificaron o traballo. Homes cegos e limitados, quixeron ser máis sabios do que o seu Deus; homes fracos e despreciables, quixeron rehabilitar aquilo que o seu Deus maldixera. Eu, que non confeso ser cristián, economista ou moralista, recuso admitir os seus juízos como os do seu Deus; recuso admitir os sermóns da súa moral relixiosa, económica, libre-pensadora, fronte ás terribles consecuencias do traballo na sociedade capitalista.
Na sociedade capitalista, o traballo é a causa de toda a dexeneración intelectual, de toda a deformación orgánica. Comparen o puro-sangue das cortes de Rothschild, servido por unha servidume de bímanos, coa pesada besta das quintas normandas que labra a terra, acarrexa o estrume, que pon no celeiro a colleita dos cereais. Ollen para o nobre salvaxe, que os misionarios do comercio e os comerciantes da relixión aínda non corromperon co cristianismo, coa sífilis e o dogma do traballo, e ollen en seguida para os nosos miserables criados de máquinas.
Cando, na nosa Europa civilizada, se quere encontrar un trazo de beleza nativa do home, é preciso ir consumilo ás nacións onde os preconceitos economicos aínda non desenraizaron o odio ao traballo. España, que infelizmente dexenera, aínda se pode gabar de posuír menos fábricas do que nós prisións e cuarteis; mais o artista alégrase ao admirar o ousado Andaluz, moreno como as castañas, dereito e flexible coma unha vara de aceiro; e o corazón do home sobresáltase ao ouvir o mendigo, soberbiamente envolto na súa capa chea de buratos, chamar amigo aos duques de Osuna. Para o Español, en cuxo país o animal primitivo non está atrofiado, o traballo é a peor das escravitudes.
Os Gregos da grande época tamén só tiñan desprezo polo traballo: só aos escravos lles estaba permitido traballar, o home libre só coñecía os exercicios corporais e os xogos da intelixencia. Tamén era a época en que se camiñaba e se respiraba nun pobo de Aristóteles, de Fidias, de Aristófanes; era a época en que un puñado de xente brava esmagaba en Maratona as hordas da Asia que Alexandre ía en breve conquistar. Os filósofos da antigüidade ensinaban o desprezo polo traballo, esa degradación do home libre; os poetas cantaban a preguiza, ese presente dos Deuses:
O Meliboe, Deus nobis hoec otia fecit (1)
Cristo pregou a preguiza no seu sermón na montaña:
?Contemplade o crecemento dos lirios dos campos, eles non traballan nin fían e, aínda así, dígovos, Salomón, en toda a súa gloria, non se vestiu con maior brillo.?
Xeová, o deus barbudo e rudo, deulles aos seus adoradores o exemplo supremo da preguiza ideal; depois de seis días de traballo, repousou para a eternidade.
En contrapartida, cales son as razas para quen o traballo é unha necesidade orgánica? Os ?auvergnats?; os escoceses, eses ?auvergnats? das illas britanicas; os galegos, eses ?auvergnats? de España; os pomeranianos, eses ?auvergnats? de Alemaña; os chineses, eses ?Auvergnats? de Asia. Na nosa sociedade, cales son as clases que aman o traballo polo traballo? Os labregos propietarios, os pequeno-burgueses, uns curvados sobre as súas terras, os outros retidos polo hábito nas súas tendas, reméxense coma a toupeira na súa galeria subterránea e nunca se endereitan para ollar con vagar para a natureza.
E, con todo, o proletariado, a gran clase que engloba todos os produtores das nacións civilizadas, a clase que, ao se emancipar, emancipará a humanidade do traballo servil e fará do animal humano un ser libre, o proletariado, traicionando os seus instintos, esquecéndose da súa misión histórica, deixouse perverter polo dogma do traballo. Ruda e terrible foi a súa punición. Todas as miserias individuais e sociais naceron da súa paixón polo traballo.
Paul Lafargue
(1) Oh Melibeu, un Deus deunos esta ociosidade. Virxilio.
|
|
|
|
|
|
os pactos co españolismo só se poden dar como estratexia de absorción nun nacionalismo galego unido. |
|
|
|
Oracións Capitalistas |
|
Credo
Creo no capital que goberna a materia e o espírito.
Creo no lucro, o seu tan lexítimo fillo, e no crédito, o Espírito-Santo, que del procede e con el é adorado.
Creo no Ouro e na Prata, os cales, torturados na Casa da Moeda, fundidos nos crisois e martelados nas máquinas, reaparecen no mundo como moeda legal; e que, despois de circularen por toda a terra, descenden aos sotos do banco para resuscitar como Papel-Moeda.
Creo no xuro do cinco por cento, do catro ou tres por cento e na Cotización real dos valores.
Creo no Gran Libro da Débeda Pública, que protexe o Capital dos riscos do Comercio, da Industria e da Usura.
Creo na Propriedade individual, froito do traballo dos outros e na súa continuidade até á fin dos séculos.
Creo na necesidade da Miseria, fonte dos asalariados e nai do sobretraballo.
Creo na Eternidade do Salariato, que libra o traballador das preocupacións da propriedade.
Creo no prolongamento do día de trabalho e na redución dos salarios e tamén na falsificación dos produtos.
Creo no dogma sagrado: COMPRAR BARATO E VENDER CARO. E, do mesmo xeito, creo nos principios eternos da nosa Santa Igrexa, a Economia política oficial.
Amén.
Paul Lafargue
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|