ToupORROutou


micro
pensamento de ghato:
-miau!
-mamá!
kand'o erghen polo pelexo do peskoso.
Dime algo! (0) - Categoría: XERAL - Feito o 04-02-2012 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
micro
os pesadelos non me gustan. a ver se quedo a durmir axiña.
Dime algo! (0) - Categoría: XERAL - Feito o 18-12-2011 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
micro
serás condenada a ser perseguida por depredadores toda a túa vida. dicíalle A DEUSA á cerva e eva pensou que fora agraciada.
Dime algo! (0) - Categoría: XERAL - Feito o 07-12-2011 04:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui


D’un amante,
Ch’è geloso,
Il semblante
Men vezzoso
Fa parer la gelosia!
Perche viene
Allor sul viso,
E gli toglie il vezzo, e il riso
Il timore, che il suo bene
Più fedele a lui non sia.

Dime algo! (0) - Categoría: MÚSICA - Feito o 25-11-2011 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
lucecús

por veces, os anuncios de televisión tráenche gratas sorpresas. así me ocorreu o outro día cando escoitaba nun spot esta canción.
con moita imaxinación e cunha voz de contratenor folk, chris garneau fainos viaxar a mundos oníricos pensados no tempo da infancia.
unhas notas de cor barroca pincélanse neste mozo americano que desdebuxa o mundo do pop para anovar, no século XXI, o seu sentido de masas.

próspero camiño!

http://www.youtube.com/watch?v=FuGJfVAgiTM



“lucecús”
Non é fácil, así que vai de vagar.
Estás chegando, estás á volta da esquina.
Ti es un bo amigo. O mellor amigo.
Estás chegando, estás á volta da esquina.
Estaste facendo amigo dos lucecús.
Non podo dicir que iso me sorprenda.
Mais o que eles din non é o que parecen,
E ti estás para dicirnos o seu significado.
Si, ti estás para nos dicir o seu significado.

É un complot, xa cho avisei.
Agora me percato, agora caio en quen son.
Eles din: “Meus bos amigos. Mellores amigos”
Mais eu doume conta, caio en quen son.
Estaste facendo amigo dos lucecús.
Sabes que cando morren a súa luz permanece viva.
E o que eles din non é o que parecen.
E ti estás para nos dicir que significan
Si, ti estás para dicirnos que significan.
Estaste facendo amigo dos lucecús.
Non podo dicir que me collese por sorpresa.
Mais o que din non é o que parecen.
Así, ti estás para nos dicir que significan.
Si, ti estás para dicirnos que significan.
Si, ti estás para nos dicir que significan.
Si, ti estás para dicirnos que significan.
Dime algo! (0) - Categoría: MÚSICA - Feito o 06-11-2011 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Malagueña


La muerte
entra y sale
de la taberna.

Pasan caballos negros
y gente siniestra
por los hondos caminos
de la guitarra.

Y hay un olor a sal
y a sangre de hembra,
en los nardos febriles
de la marina.

La muerte
entra y sale
y sale y entra
la muerte
de la taberna.

LORCA
Dime algo! (0) - Categoría: MÚSICA - Feito o 04-11-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
páxina de escritura
Dous e dous catro
Catro e catro oito
Oito e oito fan dezaseis…
Repetide! Di o mestre
Dous e dous catro
Catro e catro oito
Oito e oito fan dezaseis…
Mais ei-lo paxaro lira
Que pasa polo ceo
O neno veo
O neno escóitao
O neno chámao
Sálvame
Xoga comigo
Paxaro!
Entón o paxaro descende
E xoga co neno
Dous e dous catro…
Repetide! Di o mestre
E o neno xoga
O paxaro xoga con el…
Catro e catro oito
Oito e oito fan dezaseis
E dezaseis e dezaseis cantas fan?
Desde logo non trinta e dúas
De todos xeitos
Eles vanse
E o neno agachou o paxaro
Debaixo do pupitre
E todos os nenos
escoitan a canción
e todos os nenos escoitan a música
e oito e oito á súa vez se van
e catro e catro e dous e dous
á vez fan o campo
e o paxaro lira xoga
e o neno canta
e o mestre grita:
cando deixaredes de facer a mona?
Mais todos os outros nenos
Escoitan a música
E os muros da clase
Caen tranquilamente
E os vidros volverán ser area
A tinta volverá ser auga
Os pupitres volverán ser árbores
O xiz volverá ser cantil
A pluma volverá ser paxaro.


Jackes Prévert
Dime algo! (0) - Categoría: XERAL - Feito o 05-10-2011 02:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A vella Chica
Antigamente a vella Chica vendía cola e xenxibre, e alá pola tarde ela lavaba a roupa do patrón importante. E nós, os miúdos, trala escola, perguntabámoslle a Mamá Chica cal era a razón daquela pobreza, daquel noso sufrimento.

-Shhh, meniño, non fales de política.

Mais a vella Chica, embrullada nos pensamentos,
ela sabía e non dicía a razón daquel sufrimento.

-Shhh, meniño, non fales de política.

E o tempo pasou e a vella Chica só mais vella ficou. Ela somente fixo un cuberto con teito de zinc.

-Shhh, meniño, non fales de política.

Mais quen ve agora o rostro daquela señora
só ve arrugas do sufrimento!

-Shhh, meniño, non fales de política.

E ela agora só di:

“- Ei, meniño, cando eu morra, quero ver Galiza vivir en paz!
Ei, meniño, cando eu morra, quero ver Galiza e o Mundo en paz!”
Dime algo! (0) - Categoría: XERAL - Feito o 02-09-2011 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Veráns frescos e invernos secos e o cambio climático rondándome pola cabeza. os eucaliptos dominan o territorio e cada vez somos menos nós mesmos.
Minicentrais. Roubo da auga no país da auga e un nihilismo fantástico nas cousas que amasa.
Pichi, guerras, dominación. NUCLEARES NON!
NUNCA MÁIS! NUNCA!
E o 15M non cre na soberanía dos pobos. Marx, Lenin, Stalin, socialismo segundo Einstein e aínda sen completar a fase depredadora do ser humano.
Como queres que fale, como queres que vista.
-Mañana me compraré unas cosillas en Zara-

Revelarse comeza por un mesmo.

Televisión, radio, prensa. Quen controla os poderes na época da internet?
Executivo, lexislativo, xudicial... só hai estes? miren máis atrás.

Belén Esteban preséntase ás Eleccions Xerais de 2015 e consegue dous escanos. Berlusconi entra no Parlamento español e en dúas lexislaturas consegue maioría absoluta.
Roma reclama o seu Imperio.
E os alemáns volveron instalarse na Galiza. Eles foron quen nos levaron á Independencia.
Galiza, día 1
Non hai fame, non hai guerra. Decisións, ilusións e máis papeis.
De novo a auga é nosa
Liberemos os ríos.
Dime algo! (0) - Categoría: XERAL - Feito o 01-08-2011 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
cando deixaches de pensar que podería haber un mundo mellor?
Dime algo! (0) - Categoría: XERAL - Feito o 01-08-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Este blog está pensado con gheada e seseo

ENGHORDEI
 CATEGORÍAS
 IMAXES
 MIRA ISTO!!!
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 OS DE ANTES




© by Abertal