tolemias varias


Ünha páxina para falar das noticias que máis me interesan, noticias do mundo, da natureza, de música, política ......
 cousas das que falar
 recoméndoche
 arquivo
 busca!!!!!!!!!!!
 busca blogs galegos!!!!!
 anteriores
 os mellores

FAME NO MUNDO
EFE - Londres - 16/09/2009 15:40
"El hambre afecta ya a más de 1.000 millones de personas
Es la cifra más alta de la historia. La ONU asegura que con "menos del 1%" de las inyecciones que han hecho los gobiernos para salvar al sistema financiero se podría resolver.
"

Noticia

Pouco importa que a xente da rúa axude con donativos ás ONG's, pouco importa que centos de persoas pasen as súas vacaciones colaborando e cooperando pra intentar remediar algunhas situacións,pouco importa que esta información sexa leída por moita xente; no fondo quen ten o ppoder pra remediar isto é o goberno dos países máis ricos, países que seguen vendendo armas a gobernos golpistas, países que non teñen o máis mínimo problema en invertires cantidades desorbitadas en armas e na guerra pero cando de verdade se lles necesita desaparecen.

En fin...mañán esta noticia non existirá e todo seguirá igual.


ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE



Jean Ziegler
"Las causas del hambre". Informe semanal TVE1 17-06-2006
deixa a tua opinión (0) - categoría: merdas - posto o día... 16-09-2009 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os NAZIS sérán xuzgados coma TERRORISTAS
"Á. VÁZQUEZ / R. VAREA - MADRID - 11/09/2009
La Fiscalía de la Audiencia Nacional considera que los grupos neonazis pueden ser investigados y juzgados en esta sede judicial porque, aunque no tengan carácter terrorista, sus delitos se enmarcan dentro de lo establecido en el artículo 577 del Código Penal.
El artículo 577 del Código Penal castiga a "los que, sin pertenecer a banda armada, organización o grupo terrorista, y con la finalidad de subvertir el orden constitucional o de alterar gravemente la paz pública, o la de contribuir a estos fines atemorizando a los habitantes de una población o a los miembros de un colectivo social, político o profesional, cometen homicidios, lesiones, detenciones ilegales, amenazas o coacciones contra las personas", o cualquier otro delito de los cometidos habitualmente por grupos terroristas.


Noticia enteira

Pois a verdade é que xa iba sendo hora de facer algo deste tipo.
Non entendo como pode existir unha xentuza coma ésta nesta época na que estamos pero existe e ésta é unha boa medida.
O problema agora mesmo é que hai cantidad de rapaces que non coñecen nada ou case nada de historia e cando isto pasa é perigoso porque os creadores destes grupos fascistas aproveitanse diso.
Así que benvidas son as medidas que se tomen en contra de este tipo de organizacións.
deixa a tua opinión (0) - categoría: o noso mundo - posto o día... 11-09-2009 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
a morte dun XeNio
Moitos xornais de noticias din que morreu Michael Jackson e naceu un mito, para min que Michael xa era un mito, foi un gran xenio, dos poucos que aparecen no mundo.
Foi un gran cantante, compositor, bailarín, artista... cantas cousas se poden dicir de este home que incluso foi o que máis diñeiro donou a organizacións humanitarias de axuda ós máis cativos.
Pero agora non se fala disto porque o que vende nesta sociedade é se estaba tolo, se os fillos non eran del, se se tomaba tódolos días unha mestura incrible de medicamentos, se estaba calvo...
Para mín que iso non é o que importa, o que importa son as suas aportacións ó mundo da música, dos videoclips, do arte...

Morre Michael Jackson, respetádeo...

Bicos *.*.*.*.*.*.



****beat it live *****



**** smooth criminal ****
deixa a tua opinión (0) - categoría: música - posto o día... 29-06-2009 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A IGREXA E O PP TEÑEN QUE REFLEXIONAR
"No es comparable lo que haya podido pasar en unos cuantos colegios con los millones de vidas destruidas por el aborto"

Pois si, son declaración do arzobispo Cañizares, ministro do Papa, e non estaba bébedo nin nada, é así naturalmente... Por si alguén non sabe a que se refire, fala dos casos de abuso sexual por parte de curas en Irlanda.

É que hai que ter moita cara pra dicir iso, e o peor de todo e que o candidato do PP para as eleccións europeas está de acordo.

Pero esta xente que se cree, pensan que teñen o poder de censurar comportamentos, de insultar, de facer leis.... creen que o único bó é o que eles consideran, xa fai moito tempo que o pobo lle tería que haber posto os pes na terra á igrexa.

Bicos*.*.*.*.*.*.*.*.*
deixa a tua opinión (1) - categoría: merdas - posto o día... 02-06-2009 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O PP recurrirá a nova lei do ABORTO
EFE - Córdoba - 15/05/2009 13:24

"El presidente del PP, Mariano Rajoy, ha tildado este viernes la nueva ley del aborto de "puro oportunismo político" y de ser "contraria" a la Carta Magna, por lo que ha anunciado que los populares recurrirán el anteproyecto del Gobierno ante el Tribunal Constitucional (TC)."

Este home non fai máis que presentar recursos, debe estar aburrido.
Ademáis que lle importará a él, se non lle vai nin lle ven o do aborto....ou si?

E por enrriba, a Rosa Diez, di que a lei promove o infanticidio...

o que hai que oir........

A ver cando se enterán de que a lei non obriga ás mulleres a ir abortando polo mundo...

bicos .*.*.*.*.
deixa a tua opinión (1) - categoría: merdas - posto o día... 15-05-2009 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O peixe da CABEZA transparente!!!!
o peixiño en cuestión...."PÚBLICO.ES - Madrid - 25/02/2009 13:33

Después de muchos años de investigaciones, los científicos del Acuario de la Bahía de Monterrey han desvelado uno de los secretos de la ciencia marina que más quebraderos de cabeza ha dado.

El misterio del pez Macropinna microstoma, cuya peculiarida reside en tener la cabeza totalmente transparente, por fin ha encontrado explicación: los ojos del Macropinna son tubulares, extremadamente sensibles a la luz y pueden girar en cualquier dirección dentro del fluido transparente que tiene en su cabeza."


Que grande é a natureza, e nós pensando que somos os máis especiais... De todas maneiras se seguimos así en breve desaparecerá...

A coidarse e a coidalo planeta....




bicos.*.*.*.*.*.*.*.*.*.*
deixa a tua opinión (2) - categoría: o noso mundo - posto o día... 25-02-2009 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Lituania pecha o último Chernóbil da UE
"MANUEL ANSEDE - Madrid - 19/02/2009 23:00

La Comisión Europea ha ganado su pulso con Lituania y el país báltico desmantelará, a partir del 1 de enero de 2010, el último reactor que queda en la UE similar al que provocó el mayor desastre nuclear de la historia en la central ucraniana de Chernóbil, el 26 de abril de 1986.
"

Ainda que se fale de que a posibilidade de que volva a suceder algo parecido ó sucedido en Chernóbil é moi baixa, existe, por iso segundo o meu punto de vista, deberían ir desaparecendo todas estas centrais, e por suposte non se deberían construir máis.
Ademáis non é limpa como din os políticos, é unha enerxía que produce residuos que son imposibles de reciclar ou tratar mantendo a sua radioactividade durante miles de anos. Nas varillas de combustible gastado dos reactores tópanse substancias como é o plutonio 239 (vida media de 24 400 años), e o plutonio 240 (vida media de 6 600 años.
Por iso hai que apostar por enerxias renovables e limpas e pedir máis investigación neste campo.

Hai que conservar o planeta e recordar que non é noso, nós estamos só de aluguer e a fianza non chega para cubrir as desfeitas que estamos a causar, máis que nada por que xa casi é irreversible.

yosoyantinuclear.org

bicos.*.*.*.*.*.*.*
deixa a tua opinión (2) - categoría: o noso mundo - posto o día... 20-02-2009 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PARA COMEZAR NON ESTÁ MAL
"Obama sube los impuestos al tabaco para aumentar la cobertura sanitaria infantil
AGENCIAS. 05.02.2009 - 16:39hGarantiza la asistencia a un millón y medio de niños hispanos.
Costará unos 32.000 millones de dólares.
Elimina la espera para los inmigrantes con papeles."
"Obama limitará los salarios de los ejecutivos cuyas empresas reciban ayudas del Estado
EFE. 04.02.2009 - 18:55h"


Pois para comezar non está mal, o que pasa é que co mal sabor de boca que nos deixou o anterior...
Hai que ter en conta que non vai ser a "galiña dos ovos de ouro". E do partido demócrata que é máis "evolucionado" que o partido republicano pero tampouco tiremos cohetes...aínda lle queda moito por facer...pena de morte incluida.

Pois a espera do que faga este home...só nos queda a esperanza.

Bicos.*.*.*.*.*.*.*.*
deixa a tua opinión (0) - categoría: politica - posto o día... 05-02-2009 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
NON SE PODE PERMITIR
o mundo é de todos
BELÉN TOLEDO - PAIPORTA (VALENCIA) - 01/02/2009 08:00

"Un partido ultra anima a la "limpia de inmigrantes"
El partido de extrema derecha España 2000 aprovechó un crimen machista para montar ayer una manifestación xenófoba.
la marcha fue una llamada a la xenofobia, entre banderas de España y gritos de exaltación patriótica."


Non se pode permitir que un grupo de animais descerebrados se manifesten de esta maneira polas rúas dunha cidade. Non se pode permitir que se insulte e ameace a persoas por seren de outros países; que teñen dereito a facela súa vida no país que queran pois non é máis país meu que deles.

E por suposto non se pode permitir que nos últimos tempos por mor da crise se intente botar dos postos de traballo a xente estranxeira creendo que teñen menos dereito que os nacidos neste país.

Bicos *.*.*.*.*.*.*.
deixa a tua opinión (0) - categoría: politica - posto o día... 01-02-2009 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FOLGA DE ESTUDIANTES
21/10/2008 UNIVERSIA

"Miles de estudiantes universitarios están convocados para la huelga del 22 de octubre y el 13 de noviembre. El objetivo es protestar por la reestructuración de las enseñanzas universitarias que se adaptan poco a poco a las directrices del Espacio Europeo de Educación Superior.

Por Tuenti, Facebook y demás métodos tecnológicos... todo vale para sumarse a la huelga universitaria. Las nuevas tecnologías sirven de plataforma para que los estudiantes se organicen para reivindicar una modificación de las enseñanzas universitarias y la privatización de la universidad pública. Hasta el momento las previsiones son muy favorables pues el evento en contra de los planes de Bolonia tiene el apoyo virtual de 10.000 personas en Tuenti."



Pois si, estamos en folga, manifestacións para reclamar o noso dereito perdido, o dereito de opinión.
Métesenos de cabeza nun plan que non queremos, que basa o futuro da educación pública na financiación privada, o que acabará coas carreiras que non lle son rentables ás empresas e cos estudios que lle perxudiquen.

panfleto da folga:

O goberno defende estes plans privatizadores afirmando que nos equiparan con Europa. A nós gustaríanos equipararnos en investimento en educación pública (nos países máis desenvolvidos de Europa, a media é superior ó 6% do PIB, aquí pouco máis do 4%) ou en estudantes con bolsa (40% en Europa, 16% no Estado español); con todo, os plans de Boloña non implican nada diso. En todo caso nos "equipara" coas universidades do pasado, exclusivas para os fillos dos ricos.

Cos plans de Boloña acábase coas actuais diplomaturas e licenciaturas para transformalas en graos e posgraos. Os graos, respecto das actuais carreiras, serán un título devaluado. Quen queira ter un título que facilite o acceso a un emprego digno terá que realizar un Posgrao, que ademais de ter unha proba de acceso propia, poderá custar ata 3.500 euros, como xa anunciaron algunhas universidades.

As bolsas serán insuficientes para cubrir estes enormes custos. Se xa hoxe as bolsas son ridículas (a bolsa con máis contía, a axuda compensatoria, concede 2.500 euros anuais a aquelas familias con menos renda, cantidade completamente insuficiente), a actual crise económica non augura nada bo, como demostra que o goberno do PSOE xa anunciou que os próximos orzamentos serán "austeros".

Pero o peor é que o goberno aposta por substituír as bolsas, por préstamos bancarios que, por suposto, terán que devolverse. É dicir, queren facer do ensino universitario un negocio redondo para a gran banca.

Os Plans de Boloña impulsan a privatización da universidade pública. Se segregarán as universidades en universidades de primeira (para a elite económica) e de segunda (para os fillos de familias traballadoras) e ademais fomentarase o peso das grandes empresas no control da universidade. O goberno xa sinalou que temos que ir cara ó "modelo americano", caracterizado por unha profunda privatización, onde son as empresas quen deciden que títulos resúltanlles rendibles e cales non.



TEMOS DEREITO A ELIXIR O NOSO FUTURO


*.*.*.*.*.bIQuIÑoS.*.*.*.*.*
deixa a tua opinión (0) - categoría: o noso mundo - posto o día... 22-10-2008 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal