Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Humor en SERMOS
Un 25 de xullo refrescante.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 15-08-2012 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Portada Cabana
Hai un ano que se presentou Cabana de Balieiros. Sei que segue vendéndose e que segue pedíndose nas tendas, iso é bó para a obra. Non sei aínda como vai de vendas. Recibín unha petición para adquirir un orixinal, cousa que me agradou moito. Aquí vai parte do orixinal a lápis da portada.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 15-08-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Viñetas 2012
Tokio por primeira vez exposto en Viñetas desde o Atlántico, portada e unha páxina de Cabana de Balieiros. Panorama da DB galega, en Salvador de Madariaga.

Tamén asinando exemplares na caseta de DEMO EDITORIAL, compartindo espazo con Luís Sendón e outros monstruos da BD actual.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-08-2012 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)