Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeiras críticas a Cabana
Aínda timidamente van saíndo algúns comentarios sobre Cabana de Balieiros, como o que inclúe Acuática no seu blog.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 24-08-2011 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Cabana
O sábado 13 as 13 h presentouse Cabana de Balieiros, na mesa Mandel Cráneo, o responsable de Demo Editorial, e Tokio. No escenario un panel cunha ilustración de Cabana e entre o público persoas que viñeron expresamenet, outras máis implicadas e outras que pasaron por alí, en todo caso unha charla amena e satisfactoria. agardo que abrira espectativas no público e lles causara a curiosidade suficiente como para abrir o libro.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 21-08-2011 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Paso por Viñetas da Coruña
Aproveitando que Cabana de Balieiros era presentada en Viñetas desde o Atlántico na Coruña pasei alí uns días. Asinando na caseta de Demo Editorial, participando nos eventos, visitando as exposicións. Unha delicia de estancia.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 21-08-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana de Balieiros xa na rúa!!!
Acabo de recibir a chamada do editor de que a novela gráfica CABANA DE BALIEIROS, de DEMO EDITORIAL, ven de chegar da imprenta!, xa está na rúa! e para a semana á venda en Viñetas dende o Altántico da Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 05-08-2011 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)