Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xoana e o lobo mariño
Un conto de Marta Dacosta que estivo parado durante moito tempo. Estou retomando vellos proxectos paralisados polas presas da vida. Agora, de vagar, avanti.

Moi pronto: Xoana e o lobo mariño.

Unha historia de encontro entre o mar e a humanidade cun avó como guía.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 27-05-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Bagamoio
Un día ía nun bus polo centro de Madrí, falando cun compañeiro biólogo sobre a banda deseñada, sobre Cabana de Balieiros que viña de saír á rúa.

Ao noso carón viaxaban uns cativos de 10-12 anos e introducinos na conversa preguntándolle que comics lían, unha charla moi agradable e sorprendente para eles, pois no bus, ou no metro, ninguén fala con ninguén que descoñeza.

Pouco despois, unha muller que viaxaba máis adiante viu andando cara atrás a me preguntar se eu era ilustrador. Logo da miña sorpresa, pois pensei que quería consultar calquera outra cousa, ou vender algo, comprendín a pregunta.

Desa pregunta viu un contacto posterior, un acordo, un texto sobre un conto e unhas ilustracións. Bagamoio é unha delas. Do resto, e da autora, María Pereiro, xa falaremos.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 24-05-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
A Causa do crime II

Continuando con A Causa do Crime. A hitoria ten unha serie de planos arquitectónicos que mesmo hoxe alucino de como puiden ter feito esas cousas daquela, nin tiña cámara de foto nin demasiados medios para recoller documentación.

Neste momento abordando a última parte da historia despois de ter revisado case 30 páxinas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2012 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)