Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os primeiros pasos de Cabana de Balieiros
Hai máis de 15 anos comecei a pensar nesta historia, que non tivo título ata hai ben pouco.

A primeira páxina foi redebuxada varias veces. Esta que vos deixo é a primeira versión da páxina rematada e a cor.

Posteriormente eliminei a cor e deixei só negro para o entintado e contrastes e azul e gris para sombras e volumes.

Neste momento estou dando as últimas pinceladas deste longo traballo que será publicado por DEMO EDITORIAL
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 24-05-2011 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana de Balieiros a bo ritmo
Nunhas semanas rematarei a historia que estou levando a cabo intensamentedende hai máis dun ano.

Así como chega o final tamén a vertixe das dúbidas, agora xa non ten marcha atrás.

Deixo unha das esceas máis crueis e dramáticas da hitoria, e ten unhas cantas.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)