Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sketchbook-caderno de notas- Zacoe: lobo

A figura do lobo aparece varias veces no libro dos Zacoe de Calros Solla. Para facer o borrador estudei o meu propio can que ten unha melena entre a unha hiena e un león. Este é o lobo do mundo dos Zacoe.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 15-04-2012 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición de Paco Roca en ZULOA
Visitei Vitoria-Gasteiz, Araba, nestas ferias de primavera, paseando pola rúa Correría, atópome no número 21 con Zuloa Irudia e coa exposición de Paco Roca.

No soto da librería puiden gozar da obra, xa coñecida, dos bocetos, da ambientación e mesmo dos orixinais do TBO que pendurados dun corder, a xeito de tendedeiro, presidían o percorrido.

A exposición está ata o 23 de maio.
O Inverno do Debuxante é o título dunha novela gráfica de Paco Roca. A mostra consta de 24 paneis explicativos narrados polo autor, con 11 páxinas orixinais do álbum recompilando tamén ano e medio de documentación e material complementarios que o autor utilizou para a creación.

Mais a parte do interese de poder contemplar o proceso de creación da obra a exposición desvélanos tamén parte dos contidos, do espírito do libro: a historia duns debuxantes que se rebelan contra a empresa na que traballan. A historia de cinco creadores que nos anos cincuenta, fartos de que non se recoñeza o seu traballo, deciden independizarse da poderosa editorial para a que debuxan (a editorial Bruguera). De Bruguera sairon personaxes como Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, Dona Fío e as súas irmás, Capitán Trueno, é dicir, o biberón co que nos amamantamos nos anos 70.
Estes debuxantes fundaron a súa propia revista: Tío Vivo. De seguido, Bruguera, utiliza a súa posición de poder, as súas influencias, no mercado, para, primeiro, afundirlos economicamente e, ao pouco, volverlos a contratar pondo de novo en marcha a revista Tio Vivo, mais desta vez baixo o selo Bruguera.
O libro, xa que logo, non deixa de falarnos do difícil papel do creador que se supeditou sempre á esmagadora lóxica do mercado. E de como a rebelión do artista, a disidencia, acaba asumida por este.

Un autor de obrigada leitura: Paco, un traballo que paga a pena coñecer e unha exposición que para a pena visitar.

A imaxe deste artigo é unha homenaxe que Paco fai a unha portada de Tío Vivo, está na propia exposición e foi recollida, así como parte do texto, do blog de Zuloa.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 10-04-2012 08:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)