Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CASTRELLIS ESPECIAL COMIC
No ano 1984 o fanzine CASTELLIS sacou un número especial adicado integramente á BD.

CASTELLIS ESPECIAL COMIC.

Era unha publicación absolutamente inusual. Ia metida nun sobre cor marrón coas follas soltas. Polo que a portada e a contra portada eran o propio sobre, mais levaba 34 páxinas, outra portada interior, a editorial e índice absolutamente irreverente, dúas páxinas de publicidade e unha páxina reivindicativa da asociación de veciños de Castrelos. Unha xoia para non esquencer. Entre os autores: Gus Fernández con catro historias, Emilio Rodríguez con dúas, Quique Enrique con unha e Tokio con sete, é que xogaba na casa...
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 19-03-2012 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cetáceos en portugal
Dentro do proxeto SAFESEA, relativo a interacción dos cetácoes e as pescas en Portugal, publicouse un libriño no que se inclúen unhas infografías de cetáceos. Pode baixarse o documento aquí:

Manual SAFESEA
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 13-03-2012 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Sketchbook-caderno de notas- Zacoe
"Si hay algo que les jode
a eses putos zacoe
es que les tiren de la lengua.."
Oficina de asuntos Indígenas

Holocausto Zacoe
Calros Solla

Bocexado en Madrid, xaneiro 2012
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-03-2012 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Dous packards de serie
Este é o posible título dun guión que estou a preparar. Tratarei de adicarlle todo o tempo posible ao guión neste 2012 para comezar en serio para o vindeiro ano.

Unha das primeiras páxinas feitas, só por probar como queda, tamaños de caixa, personaxes, tipos, etc.

1936, na escena os membros americanos das primeiras Brigadas Internacionais, aínda non eran a Brigada Linconl, están nas trincheiras do frente de Madrid, a piques de entrar en combate, nun momento tenso e de incertidume. Non sabían que tiñan enfronte, só rumores.

Logo dun breve bombardeo de morteiro caen sobre eles os tabores marroquís que eran a avanzadilla do exército de Franco. Un brigadista ao que lle fervía o sangue érguese diante da trincheira e comeza a disparar aos fascistas. O comisario político chámalle gilipollas para que se agoche, as súas palabras non chegan aos sus oídos silenciados por unha bala que lle atravesa o pescozo.

Os fascistas non deixaban que a vangarda do seu exército fora de soldados de reemprazo porque senón se lle pasaban ás filas republicanas.

As seguintes páxinas serán de terribles combates corpo a corpo na Cidade Universitaria. Escenas vividas por Joe, un combatente negro procedente das fábricas de automóbiles de Chicago, concretamente da Packard
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 05-03-2012 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Salón do libro de Pontevedra
A miña modesta contribución á a expo: ilustradores habelos hailos do Salón do libro de Pontevedra

Hai moitos anos comecei un proxeto para difundir a ameaza que estaban a sofrir moitas especies animais e tamén vexetais, a causa de crenzas irracionais. Daquela só saiu un libro: A Curuxa. Nel incluíase a desmitifiación doa crenza e os beneficios para nós da especie.

Cantas veces oín á miña avóa e á miña nai contar contos de curuxas que atraen á morte e de sarmagantas, mais buscando un pouco que en realidade sonnos beneficiosas.

O tempo pasa, as cousas non mudan, nin para a superstición, a igrexa ou a sociedade. Agora case non hai destas especies, pola contaminación ou outros motivos, mais moita xente segue a pensar o mesmo sobre elas.

Por iso fixen esta ilustración, en lembranza de todas esas especies ameazadas.



Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 05-03-2012 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)