Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Colaboracións con Chano Piñeiro
Falando con Manel Craneo lembreime do story board do Camiño das estrelas de Chano Piñeiro, estou buscando todo aquel material para traer algo ao presente.

Comentarios (1) - Categoría: O CAMIÑO DAS ESTRELAS - Publicado o 03-03-2011 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina de Cabana de Balieiros
Estou abordando a recta final da historia de DB Cabanas de Baleiros. Por iso vou dar un enorme salto por enriba de todo o que me falta para debuxar a ULTIMA PÁXINA. É de tolos mais estou seguro de facelo así. Ademais non a vou cambiar pase o que pase cando remate os capítulos intermedios.


Deixo a metade da páxina coa tonalidade azul e sen textos, para non darvos moitas pistas que se non xa vos conto a historia.
Comentarios (2) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 03-03-2011 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 0
Agora póñolle os cadros para darlle ritmo e continuidade á escena.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 1
Compoño a páxina e deixolle cair os globos de texto, logo xa os ordenarei. Este xeito de traballar parece un pouco caótico mais o boceto está dentro da cabeza, non preciso velo, as veces equivócome e non está tan claro, e por iso sae un churro. Agardo que desta non sexa así.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 2
Gostoue a idea que Telmo, xa moi maior, reflexara a faciana na lanterna do faro na última viñeta de detalle.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 3
Nesta obra fun facendo os debuxos das viñetas por separado e logo compñéndoas como un collage. Non sei se é práctico mais é divertido!.

Neste caso, un renault 4-4 dos anos 50 sae do suposto aeroporto de Alvedro, que debía ser pouco máis ca un jaliñeiro (caricaturizando e non por desprezar).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 4
Ao chegar ao estudio pasei a un folio a estrutura cuns trazos superficiais.

O epílogo dá para dúas páxinas mais só se vai facer nunha. Todo un reto.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
ultima páxina5
No hospital xeral, acompañando a unha revisión da miña nai, fixen nun papeliño o esquema.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)