Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ZACOES
Elha Zacoa conseguiu librar o paso da onda de calor grazas a que a súa montura sepultouna baixo o seu corpo sacrificándose. O combatente nómada tiña un río preto polo que a auga librouno do desastre. Buscou a Elha por toda a chaira e atopouna baixo a súa montura calcinada, este é o momento no que consegue sacala debaixo de 1200 kg de carne churrascada, case asfixiada, case sen respiración, mais aínda con vida. O manuscrito anónimo de Partovia continúa o seu camiño cara a floresta onde os Zacoe aínda son ceibes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2013 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
O Corvo mariño
É o principio dunha historia que aínda non ten contido, a portada dun libro para colorear para @s cativ@s.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2013 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Crustáceos parasitos
Ilustración de ciámidos, crustáceos parasitos da pel dos cetáceos, en concretos estes foron recollidos sobre os caldeiróns tropicais que vararon na ría do Barqueiro. Nada novo mais uns animais moi curiosos, as femias levan ás crías agarradas ao ventre.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 18-12-2013 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
A cagarra namorada
Ilustración para un conto de pintar sobre educación ambietal, promoción do Centro de recuperaçao de animais marinhos de Quaios. A cagarra (pardela) namora nos cantís do norte.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2013 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Tartarugas animadas
Rascuños de tartarugas animadas para un conto de pintar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2013 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Aeroporto de Barajas
Horas mortas.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 11-12-2013 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Humor en Sermos
A vergonza do Prestige.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 11-12-2013 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)