Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prestige
10 anos de pesadelo.
Comentarios (0) - Categoría: Sermos Galiza - Publicado o 24-11-2012 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Baleíña animada

Provando coa animación do potochó, conseguín facer unha baleíña animada.

Como non hai xeito de poñela neste blog, podedes vela aquí
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2012 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
O anghiacho
Traballo para deseñar á señora anghiacho, protagonista dun conto. En definitiva: un congro.

Partindo dun primeiro bosquexo para perfilar ao animal (1), foiselle dando volume e caracter (2), mais tiña que ser terrible (3), máis ben enorme, potente e agresiva(4), máis ben dar mediño (5). O segundo paso foi situar á señora anghiacha nun laño, nun furado entre as rochas, á súa medida, no que vivía oculta(6), tanto que o medo que tiña era maior que o que ela proporcionaba aos demais (7), tanto que sería a súa propia perdición (8).

Un traballo que se resolve en dúas figuras, a 5 a 7 e a 8, que é a 7 invertida.

Fronte a ela está a señora lubrighanta, que poñerei noutro momento.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 06-11-2012 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
CREBA-NOS
Comentarios (0) - Categoría: Sermos Galiza - Publicado o 06-11-2012 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Os votos escúrrense entre os dedos
Comentarios (0) - Categoría: Sermos Galiza - Publicado o 06-11-2012 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)