Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ilustracións naturalistas
Estou rematando unhas ilustracións naturalistas para unha pequena guía. Como é moi dificil ser orixinal ideei as ilustracións como se estiveran en construcción. é dicir, como se un estivera no campo e cunha plumiña e uhas acuarelas tratara de facer uns bocetos, ou cunha wacom portatil -menuda sería-, aquí vai un exemplo, unha pequena RELA.

Quedei bastante contento co resultado aínda que algún purista xa os criticou.

Están baseados nas ilustracións que Xosé Luís Gonzalez Gallego/Tokio fixeron para os libros: Atlas de Vertebrados e A natureza ameazada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2010 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Libro de túnidos e quenllas
Veño de recibr o libro ICCAT. 2010. Manual de ICCAT. Comisión internacional para la conservación del atún Atlántico. 1º Edición, xaneiro 2010. 325 pp. ICCAT. ISBN publicacion: 978-92-990055-5-2.

Do que xa estaba publicado o:
2006- 2009. Manual de ICCAT. Comisión internacional para la conservación del atún Atlántico. En: Publicaciones ICCAT [en linea]. Actualizado 2009. [Citado 27/01/2009].
ISBN (Edición electrónica) : 978-92-990055-2-1

Neles ilustrei a segunda parte do libro, os túnidos e as quenllas, seguindo as orientacións de Xulio Valeiras e Ester Abad que son os autores no ámbito do IEO, aos cales agradezo a confianza depositada. Un libro complexo de facer polo tema científico e pola xestión xa que o promociona a ICCAT que depende da FAo e ten se en Roma.

Este tipo de obras é complexo xa que é unha revisión mundial e leva en marcha dende hai sete anos. Por fin xa se rematou e está accesible.

Penso que a bacoreta é unha das que mellor quedou.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2010 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)