Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

KATARSIS Nº 5
Esta é a portada do Nº5 do fanzine Katarsis, do ano 1985, cualificada polos coleccionistas especializados como da mivida viguesa e dificil de localizar.

A portada de Evaristo Pereira. Unha portada futurista nunha revista do pasado. Daquela xa se recollían historias de banda deseñada dun incipiente Norberto, tamén de Gus, Tokio, Ramón Trigo, Kike e Victor Tizón. Entre elas tamén o Berciano e o Mauro. Punk, tecno e rokanrol. Unha xoia!.

No medio unha narración de Paco Tizón que comeza con estas palabras: "No tempo en que se sitúa esta historia, a sociedade atravesaba unha crise de identidade tal que o país enteiro sentíase envolto no máis alto grao de perplexidade e que se manifestaba baixo a constante apatía e indiferencia...." Paco iso si que foi ler na bola de cristal, igualiño que agora!!.

Puto punk decadente, puta sociedade decadente, puta sociedade!.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 28-10-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Vigo
Cabana de Balieiros presentousen na librería BD. Unha satisfación pois non a coñecía e foi unha sorpresa atopala, tamén a presenza de varios amigos, entre eles destacar a Paco Tizón, coeditor da revista mítica KATARSIS.
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 28-10-2011 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana de Balieiros no ZIGZAG da TVG
Panxón foi a ambientación mariñeira que escollín para a entrevista do ZIGZAG.

A pesar de que María Solar presentounos en Ourense. Do minuto 20:30 ata o 22:55. De paso mirade o resto do promgrama, moi interesante Xavier Queipo e as poetas Lucía Aldao e María Lado.

Un ratiño para falar de Cabana nas pantallas a través das ondas.


Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 19-10-2011 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Os congresos obreiros galaico-portugueses
Ven de publicarse o caderno Os congresos obreiros galaico-portugueses, un material que recolle a hitoria do movemento operario no noso país. A principio do século XX desenvolveríanse tres congresos obreiros galaico-portugueses entre o 1901 e o 1903, dando lugar á efémera “Unión operaria galaico-portuguesa”. Este documento editado pola FESGA tata de render homenaxe a eses feitos e dalos a coñecer na actualidade. As ilustracións que acompañan o material gráfico recollen a carga da guardia civil na Coruña en 1901, o congreso de Tui, as arengas e mítines dese ano e a chegada dos operarios á estación do camiño de ferro de Porto. Podedes ver o documento no visor da web ou descargalo.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2011 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Alita
O venres
14 foi a presentación na librería Alita da Coruña. Pouco, mais selecto, público. Botamos unhas parrafadas con Toño, Lolo e David. Cansados de tantos quilómetros e contentos do serán.

Preparando xa as desta semana, o 21 na librería Paz en Pontevedra e o 22 en BD en Vi
go.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 16-10-2011 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana en Gondomar
O 13 de outubro presentación de Cabana na Aula Ponte de Rosas, IEM, de Gondoma. Moito público e moit@s amig@s. Presentación de Carlos Meixome e coa especial presenza de Pepe Carreiro que fixo unha fonda introdución sobre a historia. Pepe atopou cousas que nin eu sabía que estaban...

Fixen un repaso da historia da BD galega dende 1984 e unha introdución audiovisual de Cabana de Balieiros. Moitas preguntas, algunhas comprometidas...

Unha moi agradable xornada que rematou con múltiples adicatorias.

Agardo que lles guste a historia a tod@s @s presentes.

Hoxe día 14 en ALITA na Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 14-10-2011 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de BD de Ourense
Dende había moitos anos que non ía ás Xornadas de BD de Ourense, e quedei encantado!.

Seguramente as opinións sobre a situación da BD e dos ilustradores non é coincidente coa que expresei no debate das xornadas, mais non podo por menos que comparar con aquelas primeiras xornadas do ano 1989 onde había tanto abismo por diante como por detrás.

Hoxe, a pesar da clausura de POLAQIA, o panorama é moi alentador e a BD está sobradamente consolidada.

O primeiro que lles dixen aos presentes foi DESCULPAS por tervos abandonado durante tantos anos, non volverá a ocurrir.

E dalí volvín cunha chea de cousas na cabeza e un grande sentimento de lembranza para Benito Losada, o artífice de moitas cousas na BD deste pequeno país.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2011 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
O estaleiro naval de Ferrol na historia
Ven de publicarse O estaleiro naval de Ferrol na historia, que recolle as revoltas operarias dende o século XIX, como a insurreción republicano-federal de 1872 ou a folga obreira que o 10 de marzo de 1972 na cal foron asasinados Daniel Niebla e Amador Rei, e que forman parte da memoria histórica do movemento obreiro galego que a Fundación Moncho Reboiras-FESGA quer poñer en valor coa edición deste caderno.
Nesta obra van as ilustacións dao motín de mulleres de 1810, no que matan ao capitán xeral, a protesta de operarios no 1895 e a folga de brazos caídos de 1946. Unha recreación dos feitos históricos que apoian aos elementos gráficos da obra. Podedes velo no visor da web ou descargalo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2011 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios sobre Cabana de Balieiros
Van aparecendo novos comentarios sobre a historia:
Alita comics, estaremos por alí este mes.

Presentación na FNAC da Coruña.



Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 01-10-2011 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana de Balieiros en Gondomar
O vindeiro 13 de outubro preséntase Cabana de Balieiros no auditorio Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10 b., Gondomar), local do O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), a partir das 20:30 h.

Contaremos coa presenza de Pepe Carreiro que introducirá ao autor, e tamén coa colaboración da Librería Libraida.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 01-10-2011 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)