Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os suevos en Galicia

Propuxéronme facer unhas ilustracións sobre os suevos en Galicia, dos que non se sabe moito.

Así que tivemos unha xuntanza onde me explicaron o que querían e marchei dándolle voltas á cabeza. Dende logo non podían ser uns tipos con espada en man que chegaran arrasando porque foron aceptados pola poboación e integráronse sen traumatismos.

Así que fixen a chegada dun pobo buscando algo máis alá, deste xeito puxen ao meu fillo sentado no respaldo do sofá en postura adecuada para debuxar a un guerreiro suevo fitando máis alá dos tesos que se podían ver, mentres, o seu gobernante fala cun galaico que pasta tranquilamente unhas ovellas.

Nun segundo plano os cans galegos ládranlle aos cabalos xermanos, que como é ben nas persoas que viron moito mundo, pasan de todo.

Deixo o progreso da portada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia 2

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia 3

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia 4

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia 5

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia6

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Viñeta do Xefe de Mindanao
Esta viñeta da historia do Xefe de Mindanao é fantástica. Nela está retratado o conserxe do museo, uns nenos malotes que se levan un animal baixo a camisa e fan bulra e unhas mestras, unha delas con visóns e bolso de cobra. Unha estampa que caricaturiza a situación moitas veces repetida na porta do museo de despedida dos visitantes.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
O xefe de Mindanao
As macabras historias do Museo de Ciencias Naturais foron unha serie de historias con fondo humorístico realizadas no ano 1989.

Están feitas cando estiven no Museo de Historia Natural Luís Iglesias da Universidade de Santiago, onde facía ilustración científica.

Alí aprendín moitas cousas, non só de ciencias.
Un dos traballos que fixen alí foi a restauración duns modelos en escaiola ou cera do século XIX.

No museo había, aínda hai, unha momia filipina que arrepiaba mais que todo o mundo tiña o morbo de ir ver. Estaba agochadiña nunha esquina como para que non se vira ben, mais mantiña o control de todios que entraba no museo. O caso é que un dos investigadores no quería quedarse só cando marchaba o celador porque entráballe un medo arrepiante.

Fixen esta historia que a todos sorprendeu porque non entendían que un tipo que afondaba no eido científico fora quen de facer unha banda deseñada.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
A orixe de Aldraxe
Esta carta escrita dende a cadea de Tui é real e foi atopada por min remexendo na hucha do meu avó cando andaba na percura de selos antigos. Cando a atopei, sen saber o que era arrinqueille o selo e tempo despois, sendo consciente do que fixera, considerei de xustiza convertela nun pequeno tesouro. Foi a orixe de toda a historia.

Alfredo López Carballo vivía en San Martiño da Portela, Vilasobroso, Mondariz e morreu no ano 1975 no hospital Cíes en Vigo.

Con esta modesta historia creo ter conseguido que por primeira vez algunha xente lera unha historia de banda deseñada na súa vida, entre eles meus pais, agardo que algúns deles continuarao facendo.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:24
# Ligazón permanente a este artigo
Aldraxe
No ano 1984 debuxei a miña primeira historia longa de 23 páxinas, un libro completo con portada, contraportada e mesmo poesías.

Un guión pésimo cun pobre debuxo, mais unha obra de grande sentimento, unha biografía familiar sobre a represión de 1936 co o asasinato de Severo Paramés e a historia de D. Alfredo López Carballo e o seu agocho soterrado na casa durante tres anos, feito prisioneiro coa ameaza de matar a súa familia e a peregrinación polas cadeas no 1939. Aínda cambiando algúns nomes e bastante fiel á realidade, aínda que nin sequera fun quen de describir os feitos tal e como foron pola súa crudeza, a realidade sempre supera á ficción.

Saíu publicada na Peneira.

Penso que aínda estou en débeda co meu avó e con aquela xeración que sufriu o peor da represión franquista, polo que dende aquela lin todo o que pillei sobre a xénese e desenvolvemento da sublevación fascista e teño en mente unha historia, e debuxadas unhas páxinas tamén perdidas coa avaría do disco externo, e que voltarei retomar algún día.
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)