Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O mar no paleolítico
Nalgún momento a humanidade chegou á beira do mar e decatouse que alá, no horizonte, uns seres fantásticos arbolaban un surtidor tremendo.

Non os podían ver porque vivían baixo da auga, mais a súa presenza non pasaba desapercibida.

Esta ilustración pode amosar un bo momento de reflexión diante daquel acontecemento. Neste caso reflecionando diante dos cachalotes.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 30-01-2018 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Rula e torcaz
As rulas parécenme unhas aves fantásticas, son moi elegantes á vez que fráxiles, voan rápidas e ao mesmo tempo planean como a chimpos no ar.

As súas curmáns pombas torcaces son tamén moi boas voadoras.

Tiven unha ruliña albina durante moitos anos compartindo a miña vida, convivindo ceibe pola casa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2018 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Escarapote
O escarapote é un peixe moi fermoso, cheo de espiñas protectoras e dunha intensa cor vermella. Moi agradecido de debuxar e que sempre dá moi bo resultado.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 03-01-2018 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Ilustración científica
Dende hai moitos anos levo adicándome á ilstración científica. Seguramente empreguei a maior parte das horas da miña vida observando e transladando as imaxes a un papel ou a unha pantalla. Neste 2018 retomo a actividade como forza vital.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 03-01-2018 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)