Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cabana en Xinzo

O pasado venres día 3, un dos días máis fríos do ano con -8 graos, acudín ao IES Lagoa de Antela en Xinzo. Alí presentei Cabana de Balieiros e falei da Banda Deseñada a uns entusiatas mozos e mozas que estaban a piques de comezar as súas propias aventuras gráficas.

Logo dunha moi agradable recepción de Sara e Carme, da prtesentación de Fátima e do interese e preguntas do resto do alumnado, volvín moi contento de poder falarlles do mar tan lonxe del.

Sei que gostarían navegar polas augas da misteriosa lagoa, e faleilles da posibilidade de meter a lagoa nalgún futuro proxecto.

Podesdes ver a crónica do evento en:

http://www.blogoteca.com/nostamennavegar/index.php?cod=109276


Inclúo unha foto do blogo do centro.
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 06-02-2012 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
A Causa do crime
Hai moitos anos, alá polo ano 1987, fixen unha historia que titulei A Causa do Crime. Foi antes dos atentados e do desmantelamento do Exercito Guerrilheiro e do escándalo dos GAL, mais recollía xa algunhas das pinceladas destas historias de sombras policiaco-políticas.

Agora gostaría de revisar e retomar esas páxinas para traelas dende os anos 80 ata a actualidade, a ver se o consigo. Era unha historia a branco e negro que vai pasar a escala de grises.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 19-01-2012 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Cabalgadura dos Zacoe
Os Zacoe non teñen cabalos porque os prados e pastos foros dezmados polas armas imperiais, por iso montan os porcos vermellos. Uns suidos que proceden dos antiguos porcos celtas cruzados cos facoceros africanos. O cruce e a selección xenética deu nun cuadrúpedo intelixente, alto e rápido.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2012 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Holocausto Zacoe
Recentemente o poeta Calros Solla gañou o IV Premio de Poesía Victoriano Taibo co seu poemario Holocausto Zacoe, a verdade é o que o seu recital impresionoume moito e por iso desexaba chegar ao libro para destripalo con detalle.

A chave do pobo Zacoe era o forro dun libro vello que deu lugar ao sagrado manuscrito anónimo do ghetto de Partovia.

Todo iso deume ideas para facer uns debuxiños. aquí vos deixo uns borradores dunha muller imperialista e dunha aborixe Zacoe.
Comentarios (2) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 13-01-2012 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Rei de Portugal rematado

Dinlle moitas voltas a ilustración da chegada do Rei Fernando de Portugal a unha vila onde é recibido con honores.

Mesmo retraseime na entrega por iso.

Este o recibimento que decidín finalmente.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2012 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Láminas Cabana de Balieiros
Foron editadas dez copias numeradas e asinadas de cada unha destas catro láminas en formato DIN3.

De momento están nas librerías: LIBRAIDA en Gondomar, KOMIK en Santiago, tenda ZOOGRAFICO e Libreria BD en Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 28-12-2011 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Materiais de Cabana de Balieiros
Por suxerencia popular vanse editar uns materiais de Cabana, consistentes nun separadores para agasallar co libro, e unhas láminas.

As láminas estou aínda a preparalas, deixovos os separadores que se van editar. Tiña deseñado seis diferentes mais a limitación económica permitirá facer de momento unha tiraxe de dous modelos. Pola parte de atrás levan unha frase de presentación da obra, unhas referencias dos blog de Tokio e DEMO e unha referencia ao premio de DEMO nas Xornadas de Ourense.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 02-12-2011 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Rei de Portugal
Estou tamén facendo a chegada do Rei Fernando de Portugal a unha vila onde é recibido con honores. Nesta ilustración non acertei nada. Primeiro saiume un recibimento esclerotizado, logo un recibimento estresado e finalmente a ver se dou co recibimento axeitado.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 02-12-2011 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Irmandiños
Estou facendo unha ilustración sobre os irmandiños.

A verdade é que resulta un reto para min, por ler tanto sobre este movemento, e por fin poder ilustralo. Tamén cun pouco de complexo despois dos bos taballos feitos por Manel Cranio cos Lobos de Moeche, mais botei peito e púxenme a facer.

Saiume á primeira esta idea que estou a desenvolver.

Xa vos direi como vai indo.

Sobre isto dos irmandiños habería moito que falar, paréceme un movemento controvertido. Catráquico, desctrutivo e manipulable. Posiblemente utilizado polo imperio español en contra doutros intereses, nun contexto moi precario e convulso. Igualiño que agora!.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2011 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Ferrol
Hai uns días presentei Cabana de Balieiros en Ferrol, no Museo da Natureza. Ademais da alegría de poder achegar a miña obra a un pouco público máis, entre eles moitos amigos, a alegría foi doble por poder facelo no novo emprazamento do Museo da natureza coas portas abertas dende hai uns meses.

Se como se xestou o translado e as dificultades que tiveron os compañeiros da SGHN para poder levar adiante esta iniciativa, mais de seguro que será exitosa e un orgullo para o país todo. así llelo fixen saber alí.

Díxenlles que facer Cabana foi un chollo inxente, tremendo, titánico, mais é unha gotiña de auga no océano, unh grao de area no deserto comparado co titánico esforzo que moita xente está a facer dende tanto tempo polo Museo. Alí, na sala de lectura, magníficamente decorada en madeira, preside unha lemrbanza senlleira, o retrato de Xavier Soñora feito por Xaquín Marín, lembrándonos que o esforzo e constancia SEMPRE ten recompensa.
Adiante!
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 02-12-2011 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [13]
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)