 Traballo para deseñar á señora anghiacho, protagonista dun conto. En definitiva: un congro.
Partindo dun primeiro bosquexo para perfilar ao animal (1), foiselle dando volume e caracter (2), mais tiña que ser terrible (3), máis ben enorme, potente e agresiva(4), máis ben dar mediño (5). O segundo paso foi situar á señora anghiacha nun laño, nun furado entre as rochas, á súa medida, no que vivía oculta(6), tanto que o medo que tiña era maior que o que ela proporcionaba aos demais (7), tanto que sería a súa propia perdición (8).
Un traballo que se resolve en dúas figuras, a 5 a 7 e a 8, que é a 7 invertida.
Fronte a ela está a señora lubrighanta, que poñerei noutro momento. |
 Ven de sair publicado o libriño: Percorrido pola historia da nación galega, editado por FESGA. Unha reedición dun documento divulgativo acompañado de novos materiais gráficos, neste caso coa portada representado a loita irmandiña.
Unha sempre dificil representación gráfica pois foi un movemento poliédrico con moitas sombras e apropiacións. Fixen o que entendín sobre isto.
A portada altera un pouco a ilustración, xa estaba previsto, mais pode verse completa, aínda que de menor tamaño, na páxina 10.
Aquí pode verse completa.
|