Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ilustracións naturalistas
Estou rematando unhas ilustracións naturalistas para unha pequena guía. Como é moi dificil ser orixinal ideei as ilustracións como se estiveran en construcción. é dicir, como se un estivera no campo e cunha plumiña e uhas acuarelas tratara de facer uns bocetos, ou cunha wacom portatil -menuda sería-, aquí vai un exemplo, unha pequena RELA.

Quedei bastante contento co resultado aínda que algún purista xa os criticou.

Están baseados nas ilustracións que Xosé Luís Gonzalez Gallego/Tokio fixeron para os libros: Atlas de Vertebrados e A natureza ameazada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2010 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Libro de túnidos e quenllas
Veño de recibr o libro ICCAT. 2010. Manual de ICCAT. Comisión internacional para la conservación del atún Atlántico. 1º Edición, xaneiro 2010. 325 pp. ICCAT. ISBN publicacion: 978-92-990055-5-2.

Do que xa estaba publicado o:
2006- 2009. Manual de ICCAT. Comisión internacional para la conservación del atún Atlántico. En: Publicaciones ICCAT [en linea]. Actualizado 2009. [Citado 27/01/2009].
ISBN (Edición electrónica) : 978-92-990055-2-1

Neles ilustrei a segunda parte do libro, os túnidos e as quenllas, seguindo as orientacións de Xulio Valeiras e Ester Abad que son os autores no ámbito do IEO, aos cales agradezo a confianza depositada. Un libro complexo de facer polo tema científico e pola xestión xa que o promociona a ICCAT que depende da FAo e ten se en Roma.

Este tipo de obras é complexo xa que é unha revisión mundial e leva en marcha dende hai sete anos. Por fin xa se rematou e está accesible.

Penso que a bacoreta é unha das que mellor quedou.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2010 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia

Propuxéronme facer unhas ilustracións sobre os suevos en Galicia, dos que non se sabe moito.

Así que tivemos unha xuntanza onde me explicaron o que querían e marchei dándolle voltas á cabeza. Dende logo non podían ser uns tipos con espada en man que chegaran arrasando porque foron aceptados pola poboación e integráronse sen traumatismos.

Así que fixen a chegada dun pobo buscando algo máis alá, deste xeito puxen ao meu fillo sentado no respaldo do sofá en postura adecuada para debuxar a un guerreiro suevo fitando máis alá dos tesos que se podían ver, mentres, o seu gobernante fala cun galaico que pasta tranquilamente unhas ovellas.

Nun segundo plano os cans galegos ládranlle aos cabalos xermanos, que como é ben nas persoas que viron moito mundo, pasan de todo.

Deixo o progreso da portada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia 2

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia 3

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia 4

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia 5

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos en Galicia6

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Viñeta do Xefe de Mindanao
Esta viñeta da historia do Xefe de Mindanao é fantástica. Nela está retratado o conserxe do museo, uns nenos malotes que se levan un animal baixo a camisa e fan bulra e unhas mestras, unha delas con visóns e bolso de cobra. Unha estampa que caricaturiza a situación moitas veces repetida na porta do museo de despedida dos visitantes.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
O xefe de Mindanao
As macabras historias do Museo de Ciencias Naturais foron unha serie de historias con fondo humorístico realizadas no ano 1989.

Están feitas cando estiven no Museo de Historia Natural Luís Iglesias da Universidade de Santiago, onde facía ilustración científica.

Alí aprendín moitas cousas, non só de ciencias.
Un dos traballos que fixen alí foi a restauración duns modelos en escaiola ou cera do século XIX.

No museo había, aínda hai, unha momia filipina que arrepiaba mais que todo o mundo tiña o morbo de ir ver. Estaba agochadiña nunha esquina como para que non se vira ben, mais mantiña o control de todios que entraba no museo. O caso é que un dos investigadores no quería quedarse só cando marchaba o celador porque entráballe un medo arrepiante.

Fixen esta historia que a todos sorprendeu porque non entendían que un tipo que afondaba no eido científico fora quen de facer unha banda deseñada.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)