Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración |
|
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha nova xeira |
|
No ano 1995 decidín poñerme a escrebir un guión sobre unha historia longa que puidera desenvolver sen presas nin presións. Co tempo que pasou denden logo que non me dei presa!!.
Deste xeito, daquela, comezei a facer textos e deseños a tinta. Logo de moitos anos con este proxecto parado, reactiveino despois da primeira vez que asistín ao encontro de ilustradores, hai tres anos ou así, desenterrei a mesa de debuxo e adquirín unha wacom. Sobre todo empecei a destinar dúas horas ao día para poder adicarme a isto, a todas luces insuficientes.
Un novo inconvinte coa perda do 60% de todo por unha avaría informática fíxome retomalo aínda con máis forza, por iso o de facelo público.
Na miña galería da AGPI xa puxen unhas viñetas desta historia.
A idea desta historia é que vaia a dúas tintas, en negro para a liña e un recheo de cor azulado para volumes e sombras, será de ocre para lembranzas. Gostoume a idea e salvo que alguén ma quite da cabeza desenvolvereino así.
Esta viñeta forma parte dunha escea que lle chamo o carro de lume. Un viaxeiro que vai nunha noite chuviosa por un camiño atópase cunhas luces estranas, o que atopa son uns cabaleiros que levan un carro de lume. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
BENVI#blgtk08#DO!! |
|
|
Comentario por Acuática (07-10-2010 16:59) |
|
|
2 |
Moitas grazas, agardo poida pasar de cand#blgtk08#o en vez a ver se hai algo novo debuxado. |
|
|
Comentario por Tokio (08-10-2010 07:51) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|