Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bagamoio
Un día ía nun bus polo centro de Madrí, falando cun compañeiro biólogo sobre a banda deseñada, sobre Cabana de Balieiros que viña de saír á rúa.

Ao noso carón viaxaban uns cativos de 10-12 anos e introducinos na conversa preguntándolle que comics lían, unha charla moi agradable e sorprendente para eles, pois no bus, ou no metro, ninguén fala con ninguén que descoñeza.

Pouco despois, unha muller que viaxaba máis adiante viu andando cara atrás a me preguntar se eu era ilustrador. Logo da miña sorpresa, pois pensei que quería consultar calquera outra cousa, ou vender algo, comprendín a pregunta.

Desa pregunta viu un contacto posterior, un acordo, un texto sobre un conto e unhas ilustracións. Bagamoio é unha delas. Do resto, e da autora, María Pereiro, xa falaremos.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 24-05-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)