Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X anos de BD
A Librería BD de Vigo celebrou o X aniversario cunha actividade con Juan Canales e Juanjo Guarnido, guionista e debuxante de BLACKSAD, tamén estibo Miguelanxo Prado co que puiden falar un anaco. Un sábado comiqueiro.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 19-10-2014 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Portada Cabana
Hai un ano que se presentou Cabana de Balieiros. Sei que segue vendéndose e que segue pedíndose nas tendas, iso é bó para a obra. Non sei aínda como vai de vendas. Recibín unha petición para adquirir un orixinal, cousa que me agradou moito. Aquí vai parte do orixinal a lápis da portada.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 15-08-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Ferrol
Hai uns días presentei Cabana de Balieiros en Ferrol, no Museo da Natureza. Ademais da alegría de poder achegar a miña obra a un pouco público máis, entre eles moitos amigos, a alegría foi doble por poder facelo no novo emprazamento do Museo da natureza coas portas abertas dende hai uns meses.

Se como se xestou o translado e as dificultades que tiveron os compañeiros da SGHN para poder levar adiante esta iniciativa, mais de seguro que será exitosa e un orgullo para o país todo. así llelo fixen saber alí.

Díxenlles que facer Cabana foi un chollo inxente, tremendo, titánico, mais é unha gotiña de auga no océano, unh grao de area no deserto comparado co titánico esforzo que moita xente está a facer dende tanto tempo polo Museo. Alí, na sala de lectura, magníficamente decorada en madeira, preside unha lemrbanza senlleira, o retrato de Xavier Soñora feito por Xaquín Marín, lembrándonos que o esforzo e constancia SEMPRE ten recompensa.
Adiante!
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 02-12-2011 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana de Balieiros en Ourense
Cabana de Balieiros estará este xoves no Sindicato del comic de Ourense e o venres na Aira das letras de Allariz. Chega o salseiro ao interior!.
Comentarios (2) - Categoría: Presentacións - Publicado o 14-11-2011 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Alita
O venres
14 foi a presentación na librería Alita da Coruña. Pouco, mais selecto, público. Botamos unhas parrafadas con Toño, Lolo e David. Cansados de tantos quilómetros e contentos do serán.

Preparando xa as desta semana, o 21 na librería Paz en Pontevedra e o 22 en BD en Vi
go.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 16-10-2011 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana en Gondomar
O 13 de outubro presentación de Cabana na Aula Ponte de Rosas, IEM, de Gondoma. Moito público e moit@s amig@s. Presentación de Carlos Meixome e coa especial presenza de Pepe Carreiro que fixo unha fonda introdución sobre a historia. Pepe atopou cousas que nin eu sabía que estaban...

Fixen un repaso da historia da BD galega dende 1984 e unha introdución audiovisual de Cabana de Balieiros. Moitas preguntas, algunhas comprometidas...

Unha moi agradable xornada que rematou con múltiples adicatorias.

Agardo que lles guste a historia a tod@s @s presentes.

Hoxe día 14 en ALITA na Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 14-10-2011 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
Presentacións de Cabana de Balieiros
Logo das xornadas de Viñetas na Coruña comezamos as presentacións de Cabana de Balireiros:
16 en librería Komic en Compostela
22 en FNAC na Coruña

En outubro máis en Pontevedra, Vigo e xa está en marcha en Ferrol e Gondomar tamén, informarei puntualmente.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 15-09-2011 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Cabana
O sábado 13 as 13 h presentouse Cabana de Balieiros, na mesa Mandel Cráneo, o responsable de Demo Editorial, e Tokio. No escenario un panel cunha ilustración de Cabana e entre o público persoas que viñeron expresamenet, outras máis implicadas e outras que pasaron por alí, en todo caso unha charla amena e satisfactoria. agardo que abrira espectativas no público e lles causara a curiosidade suficiente como para abrir o libro.
Comentarios (0) - Categoría: Presentacións - Publicado o 21-08-2011 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)