Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A causa do crime
Era una historia de BD-negra viguesa politico-policial, debuxada antes de que saltara todo o tinglado dos GAL, unha premonición ou víase vir?. Saiu publicada na Peneira e en A Nosa Terra tamén creo.

Pola maza de Thor!! está feita no ano 1987, hai vintetrés anos!.

Agún día habería que remasterizala para o grande público.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 05-10-2010 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Banda deseñada
Non foi a primeira banda deseñada realizada, por suposto que non!!. Máis ben foi a última historia longa que fixen antes de soterrar a etapa artística. Lembreime dela recentemente xa que pasei por diante do García Barbón hai pouco.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 05-10-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Escenografía
Hai moitos anos fixen unhas ilustracións de escenografía. Neste caso unhas persoaxes para unha performance que o benquerido Chano Piñeiro quixo facer en Vigo, mais que nunca saíu adiante.
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 05-10-2010 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)