Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Historia do movemento obreiro
Estou traballando nus bocetos sobre a historia do movemento obreiro. Esta ilustración ao final quedou fora. Resultou ser unha das máis potentes pero o motivo xa estaba ilustrado con outra.
Agardo poder aportar o meu grau de area ao coñecemento de saber de onde vimos
.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 28-06-2011 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os primeiros pasos de Cabana de Balieiros
Hai máis de 15 anos comecei a pensar nesta historia, que non tivo título ata hai ben pouco.

A primeira páxina foi redebuxada varias veces. Esta que vos deixo é a primeira versión da páxina rematada e a cor.

Posteriormente eliminei a cor e deixei só negro para o entintado e contrastes e azul e gris para sombras e volumes.

Neste momento estou dando as últimas pinceladas deste longo traballo que será publicado por DEMO EDITORIAL
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 24-05-2011 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina de Cabana de Balieiros
Estou abordando a recta final da historia de DB Cabanas de Baleiros. Por iso vou dar un enorme salto por enriba de todo o que me falta para debuxar a ULTIMA PÁXINA. É de tolos mais estou seguro de facelo así. Ademais non a vou cambiar pase o que pase cando remate os capítulos intermedios.


Deixo a metade da páxina coa tonalidade azul e sen textos, para non darvos moitas pistas que se non xa vos conto a historia.
Comentarios (2) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 03-03-2011 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen as novas

Seguen aparecendo novas a respecto das promesas editoriais da banda deseñada galega para 2011, e entre elas, como non, Cabana de Balieiros.

Aproveito para poñer unha escena recén debuxada.

O único xeito de revivir a un naufrago é metelo na cama cun corpo quente, así o pensaban os habitantes de Cabana de Baileiros, polo que para salvarlle a vida a tres naufragos usaron ese método. O home entrou na casa inconsciente e medio morto, mais o calor humano fixo que se recuperara rapidamente. O suficiente como para que a muller que o devolveu a vida, escapara das sabas en canto detectou que a súa vida non perigaba.

Xa se sabe o dito de que: se ten algo de vida recupera.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 17-02-2011 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana de Balieiros
Cabana de Balieiros deixou de ser un segredo, ademais da información deste blog, La Voz de Galicia ben de publicar no suplemento de Banda Deseñada do sábado 22 unha notiña anunciando a súa publicación. Que responsabilidade ter que rematalo!. Sobre todo encántame o contar co apoio de DEMO EDITORIAL
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 24-01-2011 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Escea cachalote

Deixo unha composición da escea para que poida ser mellor apreciada. A composición de abaixo será como vai realmente na páxina.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 11-12-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Viñeta do Xefe de Mindanao
Esta viñeta da historia do Xefe de Mindanao é fantástica. Nela está retratado o conserxe do museo, uns nenos malotes que se levan un animal baixo a camisa e fan bulra e unhas mestras, unha delas con visóns e bolso de cobra. Unha estampa que caricaturiza a situación moitas veces repetida na porta do museo de despedida dos visitantes.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
O xefe de Mindanao
As macabras historias do Museo de Ciencias Naturais foron unha serie de historias con fondo humorístico realizadas no ano 1989.

Están feitas cando estiven no Museo de Historia Natural Luís Iglesias da Universidade de Santiago, onde facía ilustración científica.

Alí aprendín moitas cousas, non só de ciencias.
Un dos traballos que fixen alí foi a restauración duns modelos en escaiola ou cera do século XIX.

No museo había, aínda hai, unha momia filipina que arrepiaba mais que todo o mundo tiña o morbo de ir ver. Estaba agochadiña nunha esquina como para que non se vira ben, mais mantiña o control de todios que entraba no museo. O caso é que un dos investigadores no quería quedarse só cando marchaba o celador porque entráballe un medo arrepiante.

Fixen esta historia que a todos sorprendeu porque non entendían que un tipo que afondaba no eido científico fora quen de facer unha banda deseñada.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
A orixe de Aldraxe
Esta carta escrita dende a cadea de Tui é real e foi atopada por min remexendo na hucha do meu avó cando andaba na percura de selos antigos. Cando a atopei, sen saber o que era arrinqueille o selo e tempo despois, sendo consciente do que fixera, considerei de xustiza convertela nun pequeno tesouro. Foi a orixe de toda a historia.

Alfredo López Carballo vivía en San Martiño da Portela, Vilasobroso, Mondariz e morreu no ano 1975 no hospital Cíes en Vigo.

Con esta modesta historia creo ter conseguido que por primeira vez algunha xente lera unha historia de banda deseñada na súa vida, entre eles meus pais, agardo que algúns deles continuarao facendo.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:24
# Ligazón permanente a este artigo
Aldraxe
No ano 1984 debuxei a miña primeira historia longa de 23 páxinas, un libro completo con portada, contraportada e mesmo poesías.

Un guión pésimo cun pobre debuxo, mais unha obra de grande sentimento, unha biografía familiar sobre a represión de 1936 co o asasinato de Severo Paramés e a historia de D. Alfredo López Carballo e o seu agocho soterrado na casa durante tres anos, feito prisioneiro coa ameaza de matar a súa familia e a peregrinación polas cadeas no 1939. Aínda cambiando algúns nomes e bastante fiel á realidade, aínda que nin sequera fun quen de describir os feitos tal e como foron pola súa crudeza, a realidade sempre supera á ficción.

Saíu publicada na Peneira.

Penso que aínda estou en débeda co meu avó e con aquela xeración que sufriu o peor da represión franquista, polo que dende aquela lin todo o que pillei sobre a xénese e desenvolvemento da sublevación fascista e teño en mente unha historia, e debuxadas unhas páxinas tamén perdidas coa avaría do disco externo, e que voltarei retomar algún día.
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 08-10-2010 07:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)