Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Humor en Sermos
A vergonza do Prestige.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 11-12-2013 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Humor en Sermos
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 04-05-2013 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
O anghiacho
Traballo para deseñar á señora anghiacho, protagonista dun conto. En definitiva: un congro.

Partindo dun primeiro bosquexo para perfilar ao animal (1), foiselle dando volume e caracter (2), mais tiña que ser terrible (3), máis ben enorme, potente e agresiva(4), máis ben dar mediño (5). O segundo paso foi situar á señora anghiacha nun laño, nun furado entre as rochas, á súa medida, no que vivía oculta(6), tanto que o medo que tiña era maior que o que ela proporcionaba aos demais (7), tanto que sería a súa propia perdición (8).

Un traballo que se resolve en dúas figuras, a 5 a 7 e a 8, que é a 7 invertida.

Fronte a ela está a señora lubrighanta, que poñerei noutro momento.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 06-11-2012 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
NON AOS RECORTES
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 17-10-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Humor en SERMOS
Un 25 de xullo refrescante.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 15-08-2012 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Humor de SERMOS GALIZA
Humor métálico
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 21-07-2012 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xoana e o lobo mariño
Un conto de Marta Dacosta que estivo parado durante moito tempo. Estou retomando vellos proxectos paralisados polas presas da vida. Agora, de vagar, avanti.

Moi pronto: Xoana e o lobo mariño.

Unha historia de encontro entre o mar e a humanidade cun avó como guía.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 27-05-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Bagamoio
Un día ía nun bus polo centro de Madrí, falando cun compañeiro biólogo sobre a banda deseñada, sobre Cabana de Balieiros que viña de saír á rúa.

Ao noso carón viaxaban uns cativos de 10-12 anos e introducinos na conversa preguntándolle que comics lían, unha charla moi agradable e sorprendente para eles, pois no bus, ou no metro, ninguén fala con ninguén que descoñeza.

Pouco despois, unha muller que viaxaba máis adiante viu andando cara atrás a me preguntar se eu era ilustrador. Logo da miña sorpresa, pois pensei que quería consultar calquera outra cousa, ou vender algo, comprendín a pregunta.

Desa pregunta viu un contacto posterior, un acordo, un texto sobre un conto e unhas ilustracións. Bagamoio é unha delas. Do resto, e da autora, María Pereiro, xa falaremos.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 24-05-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Sketchbook-caderno de notas- Zacoe: lobo

A figura do lobo aparece varias veces no libro dos Zacoe de Calros Solla. Para facer o borrador estudei o meu propio can que ten unha melena entre a unha hiena e un león. Este é o lobo do mundo dos Zacoe.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 15-04-2012 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición de Paco Roca en ZULOA
Visitei Vitoria-Gasteiz, Araba, nestas ferias de primavera, paseando pola rúa Correría, atópome no número 21 con Zuloa Irudia e coa exposición de Paco Roca.

No soto da librería puiden gozar da obra, xa coñecida, dos bocetos, da ambientación e mesmo dos orixinais do TBO que pendurados dun corder, a xeito de tendedeiro, presidían o percorrido.

A exposición está ata o 23 de maio.
O Inverno do Debuxante é o título dunha novela gráfica de Paco Roca. A mostra consta de 24 paneis explicativos narrados polo autor, con 11 páxinas orixinais do álbum recompilando tamén ano e medio de documentación e material complementarios que o autor utilizou para a creación.

Mais a parte do interese de poder contemplar o proceso de creación da obra a exposición desvélanos tamén parte dos contidos, do espírito do libro: a historia duns debuxantes que se rebelan contra a empresa na que traballan. A historia de cinco creadores que nos anos cincuenta, fartos de que non se recoñeza o seu traballo, deciden independizarse da poderosa editorial para a que debuxan (a editorial Bruguera). De Bruguera sairon personaxes como Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, Dona Fío e as súas irmás, Capitán Trueno, é dicir, o biberón co que nos amamantamos nos anos 70.
Estes debuxantes fundaron a súa propia revista: Tío Vivo. De seguido, Bruguera, utiliza a súa posición de poder, as súas influencias, no mercado, para, primeiro, afundirlos economicamente e, ao pouco, volverlos a contratar pondo de novo en marcha a revista Tio Vivo, mais desta vez baixo o selo Bruguera.
O libro, xa que logo, non deixa de falarnos do difícil papel do creador que se supeditou sempre á esmagadora lóxica do mercado. E de como a rebelión do artista, a disidencia, acaba asumida por este.

Un autor de obrigada leitura: Paco, un traballo que paga a pena coñecer e unha exposición que para a pena visitar.

A imaxe deste artigo é unha homenaxe que Paco fai a unha portada de Tío Vivo, está na propia exposición e foi recollida, así como parte do texto, do blog de Zuloa.
Comentarios (1) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 10-04-2012 08:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0