Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exposición Comic Vigo 1984
No ano 1984 realizouse en Vigo a primeira exposición colectiva de banda deseñada. Estes días preparando a presentación de A causa do Crime en Vigo deseterrei moita información da época. Non estaría mal restituíla ao valor que tivo, e que agora somos quen de apreciar.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 28-09-2014 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación A Causa do Crime
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 22-08-2014 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Ruth Matilda en Vigo
Ruth Matilda Anderson en Vigo

Artigo de Manolo Bragado.

Ruth Matilda está incluída na novela gráfica Cabana de Balieiros. Teño que agradecerlle a documentación copiosa que xerou e que me serviu para crear o mundo de Cabana.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 12-08-2014 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
A CAUSA DO CRIME PRESENTACIÓNS E SESIÓNS DE SINATURAS
NO "VIÑETAS 2014" A CORUÑA

XOVES 7
13:00 TOKIO stand Komic (Viñetas)
19:00 JANO stand Demo (Viñetas)
20:00 TOKIO stand Demo (Viñetas)

VENRES 8
13:00 Presentación NACHO CAMACHO de RODRIGO COTA e JANO (Carpa)
18:30 MIGUEL FERNÁNDEZ stand Demo (Viñetas)
20:30 TOKIO stand Demo (Viñetas)

SÁBADO 9
12:00 TOKIO stand Alita (Viñetas)
13:00 Presentación de A CAUSA DO CRIME de TOKIO (Carpa)
18.30 TOKIO stand Consorcio Editorial (Feira Libro)
20:00 TOKIO e MANEL CRÁNEO stand Demo (Viñetas)

DOMINGO 10
13:00 TOKIO stand Demo (Viñetas)

20:00 JANO e MANEL CRÁNEO stand Demo (Viñetas)
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 05-08-2014 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa de ser un segredo: anuncio oficial de saída ao mercado
A CAUSA DO CRIME, DE TOKIO.

Demo editorial
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 01-07-2014 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Causa do Crime 2
Así comeza A Causa do Crime. Nun concerto de siniestro total. É febreiro de 1984. Ano importante para a creatividade galega, mais tamén para o sindicalismo, que abordaba unha das máis duras etapas de reconversión industrial con grandes masas de operarios na rúa. Na rúa despedidos ou "reconvertidos" a ser nada, mais tamén na rúa cun profundo espíritu combativo. Tempos onde todo podía pasar. Tempos onde se sitúa a ambientación desta historia gráfica de Tokio.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 26-06-2014 07:34
# Ligazón permanente a este artigo
De como viu a Rianxo unha balea
No ano 1995, ano adicado ao autor no día das letras galegas, Marisa Gil Nieto e outros autores, deseñaron unha unidade didáctica sobre o autor Rafael Dieste, ilustrada por Tokio, recreando graficamente o conto da balea. Esta é unha viñeta.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 03-02-2014 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
Crustáceos parasitos
Ilustración de ciámidos, crustáceos parasitos da pel dos cetáceos, en concretos estes foron recollidos sobre os caldeiróns tropicais que vararon na ría do Barqueiro. Nada novo mais uns animais moi curiosos, as femias levan ás crías agarradas ao ventre.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 18-12-2013 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Aeroporto de Barajas
Horas mortas.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 11-12-2013 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Humor en Sermos
A vergonza do Prestige.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas de onte - Publicado o 11-12-2013 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)