Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os suevos en Galicia6

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova xeira
No ano 1995 decidín poñerme a escrebir un guión sobre unha historia longa que puidera desenvolver sen presas nin presións. Co tempo que pasou denden logo que non me dei presa!!.

Deste xeito, daquela, comezei a facer textos e deseños a tinta. Logo de moitos anos con este proxecto parado, reactiveino despois da primeira vez que asistín ao encontro de ilustradores, hai tres anos ou así, desenterrei a mesa de debuxo e adquirín unha wacom. Sobre todo empecei a destinar dúas horas ao día para poder adicarme a isto, a todas luces insuficientes.

Un novo inconvinte coa perda do 60% de todo por unha avaría informática fíxome retomalo aínda con máis forza, por iso o de facelo público.

Na miña galería da AGPI xa puxen unhas viñetas desta historia.

A idea desta historia é que vaia a dúas tintas, en negro para a liña e un recheo de cor azulado para volumes e sombras, será de ocre para lembranzas. Gostoume a idea e salvo que alguén ma quite da cabeza desenvolvereino así.

Esta viñeta forma parte dunha escea que lle chamo o carro de lume. Un viaxeiro que vai nunha noite chuviosa por un camiño atópase cunhas luces estranas, o que atopa son uns cabaleiros que levan un carro de lume.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2010 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
A hucha das lembranzas
Para poñer en marcha este blog remexín un pouco na hucha das lembranzas e así saíron algunhas cousas que deron volta ao corazón, como por exemplo algunhas destas que vos deixo:
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2010 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0