Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rei de Portugal rematado

Dinlle moitas voltas a ilustración da chegada do Rei Fernando de Portugal a unha vila onde é recibido con honores.

Mesmo retraseime na entrega por iso.

Este o recibimento que decidín finalmente.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2012 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Irmandiños
Estou facendo unha ilustración sobre os irmandiños.

A verdade é que resulta un reto para min, por ler tanto sobre este movemento, e por fin poder ilustralo. Tamén cun pouco de complexo despois dos bos taballos feitos por Manel Cranio cos Lobos de Moeche, mais botei peito e púxenme a facer.

Saiume á primeira esta idea que estou a desenvolver.

Xa vos direi como vai indo.

Sobre isto dos irmandiños habería moito que falar, paréceme un movemento controvertido. Catráquico, desctrutivo e manipulable. Posiblemente utilizado polo imperio español en contra doutros intereses, nun contexto moi precario e convulso. Igualiño que agora!.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2011 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Os congresos obreiros galaico-portugueses
Ven de publicarse o caderno Os congresos obreiros galaico-portugueses, un material que recolle a hitoria do movemento operario no noso país. A principio do século XX desenvolveríanse tres congresos obreiros galaico-portugueses entre o 1901 e o 1903, dando lugar á efémera ?Unión operaria galaico-portuguesa?. Este documento editado pola FESGA tata de render homenaxe a eses feitos e dalos a coñecer na actualidade. As ilustracións que acompañan o material gráfico recollen a carga da guardia civil na Coruña en 1901, o congreso de Tui, as arengas e mítines dese ano e a chegada dos operarios á estación do camiño de ferro de Porto. Podedes ver o documento no visor da web ou descargalo.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2011 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de BD de Ourense
Dende había moitos anos que non ía ás Xornadas de BD de Ourense, e quedei encantado!.

Seguramente as opinións sobre a situación da BD e dos ilustradores non é coincidente coa que expresei no debate das xornadas, mais non podo por menos que comparar con aquelas primeiras xornadas do ano 1989 onde había tanto abismo por diante como por detrás.

Hoxe, a pesar da clausura de POLAQIA, o panorama é moi alentador e a BD está sobradamente consolidada.

O primeiro que lles dixen aos presentes foi DESCULPAS por tervos abandonado durante tantos anos, non volverá a ocurrir.

E dalí volvín cunha chea de cousas na cabeza e un grande sentimento de lembranza para Benito Losada, o artífice de moitas cousas na BD deste pequeno país.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2011 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
O estaleiro naval de Ferrol na historia
Ven de publicarse O estaleiro naval de Ferrol na historia, que recolle as revoltas operarias dende o século XIX, como a insurreción republicano-federal de 1872 ou a folga obreira que o 10 de marzo de 1972 na cal foron asasinados Daniel Niebla e Amador Rei, e que forman parte da memoria histórica do movemento obreiro galego que a Fundación Moncho Reboiras-FESGA quer poñer en valor coa edición deste caderno.
Nesta obra van as ilustacións dao motín de mulleres de 1810, no que matan ao capitán xeral, a protesta de operarios no 1895 e a folga de brazos caídos de 1946. Unha recreación dos feitos históricos que apoian aos elementos gráficos da obra. Podedes velo no visor da web ou descargalo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2011 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Cabana de Balieiros a bo ritmo
Nunhas semanas rematarei a historia que estou levando a cabo intensamentedende hai máis dun ano.

Así como chega o final tamén a vertixe das dúbidas, agora xa non ten marcha atrás.

Deixo unha das esceas máis crueis e dramáticas da hitoria, e ten unhas cantas.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 0
Agora póñolle os cadros para darlle ritmo e continuidade á escena.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 1
Compoño a páxina e deixolle cair os globos de texto, logo xa os ordenarei. Este xeito de traballar parece un pouco caótico mais o boceto está dentro da cabeza, non preciso velo, as veces equivócome e non está tan claro, e por iso sae un churro. Agardo que desta non sexa así.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 2
Gostoue a idea que Telmo, xa moi maior, reflexara a faciana na lanterna do faro na última viñeta de detalle.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ultima páxina 3
Nesta obra fun facendo os debuxos das viñetas por separado e logo compñéndoas como un collage. Non sei se é práctico mais é divertido!.

Neste caso, un renault 4-4 dos anos 50 sae do suposto aeroporto de Alvedro, que debía ser pouco máis ca un jaliñeiro (caricaturizando e non por desprezar).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0