Tokio Ilustración


Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos.

O meu perfil
tokioilustracion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

voltando aos Zacoe
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2013 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Baleíña animada

Provando coa animación do potochó, conseguín facer unha baleíña animada.

Como non hai xeito de poñela neste blog, podedes vela aquí
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2012 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Os riscos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2012 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Revivir os irmandiños
Ven de sair publicado o libriño: Percorrido pola historia da nación galega, editado por FESGA. Unha reedición dun documento divulgativo acompañado de novos materiais gráficos, neste caso coa portada representado a loita irmandiña.

Unha sempre dificil representación gráfica pois foi un movemento poliédrico con moitas sombras e apropiacións. Fixen o que entendín sobre isto.

A portada altera un pouco a ilustración, xa estaba previsto, mais pode verse completa, aínda que de menor tamaño, na páxina 10.

Aquí pode verse completa.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2012 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
O bocarte e o cerco
Esta ilustración representa un bocarte, el e outros mil, tratando de fuxír da rede de cerco que está a piques de pecharse.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-09-2012 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Humor en Sermos
Humor de Tokio en Sermos

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-09-2012 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Viñetas 2012
Tokio por primeira vez exposto en Viñetas desde o Atlántico, portada e unha páxina de Cabana de Balieiros. Panorama da DB galega, en Salvador de Madariaga.

Tamén asinando exemplares na caseta de DEMO EDITORIAL, compartindo espazo con Luís Sendón e outros monstruos da BD actual.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-08-2012 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Salon do Comic de Cangas
Estiven na presentación de Jose Domingo e asistín á realización dos deseños de Emma Ríos, José Domingo e Alex Cal.

Fotos aquí.

Nesta foto co cartaz do salón,de autoría de Guitián.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2012 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
A Causa do crime II

Continuando con A Causa do Crime. A hitoria ten unha serie de planos arquitectónicos que mesmo hoxe alucino de como puiden ter feito esas cousas daquela, nin tiña cámara de foto nin demasiados medios para recoller documentación.

Neste momento abordando a última parte da historia despois de ter revisado case 30 páxinas.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2012 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Cabalgadura dos Zacoe
Os Zacoe non teñen cabalos porque os prados e pastos foros dezmados polas armas imperiais, por iso montan os porcos vermellos. Uns suidos que proceden dos antiguos porcos celtas cruzados cos facoceros africanos. O cruce e a selección xenética deu nun cuadrúpedo intelixente, alto e rápido.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2012 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Así como unxa xornada ben empregada produce un doce sono, unha vida ben usada causa unha doce morte. (Leonardo da Vinci)

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0