|
|
|
|
|
|
| MÉNDEZ FERRÍN |
|
PREMIO NACIONAL de LITERATURA.-
Recíbeo pola calidade da súa obra, mantida ao longo de varias décadas, que o converten nun escritor recoñecido a escala internacional. Ferrín é a figura fundamental da literatura galega na segunda metade do século XX. Protagonizou un cambio de rumbo nas décadas dos sesenta e os setenta, con obras como o poemario Con pólvora e magnolias e o libro de relatos O crepúsculo e as formigas. Foi quen, ademais, de construír unha voz propia e inconfundible, na que conviven realismo, fantasía e simbolismo. O seu forte compromiso político e coa lingua plásmanse nas súas creacións, tanto narrativas como poéticas.
Ferrín narrador, Ferrín poeta, Ferrín voz crítica e insubornábel;o autor de Celanova é candidato ao Nóbel de Literatura, Premio da Crítica e membro da RAG. Este galardón homenaxea cincuenta anos de produción; pódese entender que a cultura galega o condecora deste xeito como o seu máis importante autor vivo.
|
|
|
|
|
| MAIO, 17 |
|

Hoxe homenaxeamos a Don Xosé María ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, poeta resistente e editor popular galego do Moucho, reproducindo o poema "Deitado fronte ó mar",de Longa noite de pedra, do seu amigo o poeta CELSO EMILIO FERREIRO.
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
|
|
|
|
|
| Letras e CINE |
|
Para a Festa das nosas Letras, a televisión Galega emite o sábado a película A MARIÑEIRA, dun conto -do mesmo nome- do escritor Darío Xohán Cabana.
Ben!! |
|
|
|
|
| I CERTAME LETRAS GALEGAS AS BOLIQUEIRAS |
|
16 D3 MAIO, ÁS 20:00h no Auditorio Municipal, Cine Alovi, entrega de premios do I CERTAME LETRAS GALEGAS AS BOLIQUEIRAS
Presenta : Mercedes Castro
(Actriz premiada co " María Casares" de Teatro)
Palestra: Pepa Baamonde
( Ex- mestra de Rois, expedentiada pola defesa do ensino no noso idioma)
Pola noite: Pasacalles da charanga
Magnifique Band des homes sans medo |
|
|
|
|
| De " CANLE SEGREDO " |
|
Este poema, Fervenza, escrito por Á.BLAZQUEZ:
QUE DOADO é cantar para ti, amiga,
si abonda abrir o peito, e a fervenza
dun regueiro de prata
semella o canto que do peito xurde!
Que ledo murmurar o distas voces
soterrañas da ialma, que nos falan
no latexar das veas
ou na miúda cóxega do alento!
Que verbas silandeiras e pequenas,
coma un tecer de fíos invisibles
cos que a vida nos vai engaiolando
atal que dous paxaros descoidados!
Que groria, andar e andar cos pés pousados
nunha estrada de estrelas verdirroxas
que non leva a ningures, e decote
nos torna por camiños sempre novos! |
|
|
|
|
| COMO ERA... |
|
Le esta fermosa descrición que D.Xohán Cabana fai de X.MªA.Blázquez:
" Xosé María era un home de mediana estatura, un pouco groso, pero áxil de movementos incluso na súa madurez. Andaba moi dereito sen tesura, e daba sensación de elegancia en calquera situación. O tempo prateáralle os cabelos rizos, e fixéralle xa cedo dúas fondas entradas que nunca chegaron a converterse en calva. Tiña un fermoso nariz curvado, e era en conxunto un home guapo. Padecía -é un dicir, pois era unha cousa pouco grave, aínda que ás veces o incomodaba- unha doenza conxénita chamada ictiose, ou pel de peixe, que se lle manifestaba nunhas como escamas na pel das mans, e que el por brinqueta atribuía a que os Limeses, coma os Mariño, son unha estirpe descendente dunha serea do mar. Fora quedando bastante xordo, e precisaba audífono, que levaba integrado nas gafas; pero algúns días oía mellor ca outros, e gustáballe moito conversar; falaba moi ben, e tiña un luído sentido do humor. Unha das cousas que máis lle gustaban era camiñar polos montes e as aldeas, entre arqueólogo e etnógrafo sempre alerta. Era moi cordial e xeneroso do seu tempo, especialmente coa xente nova; trababa conversación con calquera, pero espontaneamente parecía preferir a das xentes populares..."
|
|
|
|
|
| Celebradas LETRAS |
|
Mira que enderezo máis bo de recordar neste MAIO:
|
|
|
|
|
| "Chisco" Fdez. NAVAL |
|

Este escritor e poeta,
nacido en Ourense,
virá desde A Coruña
durante este mes
para ensinarnos técnicas,
e sobre todo para espertar
e animarnos
a que escribamos
na nosa fermosa lingua.
Recorda:
"No corazón da fraga"
En 2º de ESO,
aprenderemos con gusto! |
|
|
|
|
| CERTAME das Letras. |
|
Informados/as desta XXII convocatoria, animamos á creación tanto literaria, como artística e musical.
O tema deste 2008 é ben suxestivo:
OS MEUS AVÓS
Remata o 9-Maio!
|
|
|
|
|
| Dicionario DIXITAL |
|
Neste gran día, Ir Indo presenta a súa nova obra, moi completa, na Rede.
Xa o podes consultar no enderezo www.digalego.com, que será permanentemente actualizado e tamén se poderá acceder a través de teléfono móbil.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|