|
|
|
|
| INSTITUTO SUPERIOR DE FORMACIÓN E RECURSOS EN REDE PARA O PROFESORADO |
|

O INSTITUTO SUPERIOR DE FORMACIÓN E RECURSOS EN REDE PARA O PROFESORADO facilita, entre outras aportacións, unha manchea de materiais didácticos para o profesorado.
No apartado de recursos para o profesoradopodemos localizar multitude de ferramentas pedagóxicas por materias e niveis educativos.
No que se refire ás medidas encamiñadas á formación do profesorado, contamos con distintas alternativas que podemos consultar aquí.
Por último, destacar o apartado de recursos adicados á Comunidade Educativa.
|
|
|
|
|
| OBRADOIROS TIC EN LIÑA |
|
Lemos na páxina sociedadedainformación.eu que os obradoiros espertaron o interese da cidadanía, polo que xa se achegan a mil as peticións de prazas. Contan con materiais didácticos, o asesoramento dun equipo de titorías e poderanse realizar no momento que as persoas usuarias desexen e ao ritmo que prefiran.
A oferta de Obradoiros en liña é a seguinte:
1. Internet para persoas maiores
2. Aspectos legais nas Novas Tecnoloxías
3. Navegación segura na Internet
4. Opera co teu banco ou caixa a través de Internet
5. Recursos na Internet para inmigrantes
6. Sácalle rendemento á cámara dixital
7. Retoque fotográfico
8. Realización de Mailing
9. Procesador de Textos
10. Folla de Cálculo
11. Presentacións
12. Comunicacións desde o teu computador: correo electrónico, fax e teléfono
13. Busca de emprego a través da Internet
14. Axiliza os teus trámites coa Administración Pública a través da súa oficina virtual
15. Contas con Calc
16. Iniciación á Informática
17. Iniciación á Internet
18. Correo electrónico
Máis información na Rede de Dinamización. |
|
|
|
|
| LIBRO ELECTRÓNICO DE MANUEL AREA MOREIRA |
|
 Manuel Area Moreira, catedrático de Tecnoloxía Educativa na Universidade de "La Laguna" acaba de publicar un libro electrónico de libre consulta titulado "Introducción a la tecnología educativa" que podemos consultar en versión pdf ou en versión flash.
Fonte informativa: http://internetrecursoeducativo.blogia.com/2009/011001-libro-de-manuel-area-sobre-tecnologia-educativa.php |
|
|
|
|
| RECURSOS DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL |
|
Ofrecemos unha manchea de recursos de información académica e profesional. Visita a nosa proposta informativa.
http://mindomo.com/view.htm?m=c86d14e85c9a4d57ac196cc35c58583c |
|
|
|
|
| CURSOS DE INFORMÁTICA E INTERNET SEN COSTE |
|
AULACLIC ofrece cursos de informática e de internet sen coste en formato pdf.
Complementariamente, facilita distintos artigos de interese, entre outros, algúns sobre aplicacións da web 2.0. |
|
|
|
|
| LIBRO SOBRE APLICACIÓNS DA WEB 2.0 PARA O PROFESORADO |
|
Temos a nosa disposición o libro "Manual de Ferramentas da Web 2.0 para Professores" en formato dixital.
Referencia completa:
Carvalho, Ana Amélia A. (org.) (2008). Manual de Ferramentas Web 2.0 para Professores. Lisboa: DGIDC, Ministério da Educação.
Fonte informativa:
http://encontroweb2.blogspot.com/2008/11/manual-de-ferramentas-da-web-20-para.html
BLOG DO ENCONTRO
 Lunapic Photo Editing
A NOSA PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO
|
|
|
|
|
| UN LIBRO ARXENTINO SOBRE TIC |
|
Un interesante libro que podemos consultar na rede. O seu título é: "Tecnologías de la información y
la comunicación en la escuela: trazos, claves y
oportunidades para su integración pedagógica"
DATOS DA PUBLICACIÓN:
Batista, María Alejandra
Tecnologías de la información y la comunicación en la escuela : trazos, claves y
oportunidades para su integración pedagógica / María Alejandra Batista ; Viviana Elizabeth
Celso ; Georgina Gabriela Usubiaga ; coordinado por Viviana Minzi. - 1a ed.
- Buenos Aires : Ministerio de Educación, Ciencia y Tecnología de la Nación, 2007.
96 p. ; 28x22 cm.
ISBN 978-950-00-0591-3
FONTE INFORMATIVA: http://portal.educ.ar/noticias/actualidad-educar/como-integrar-las-tic-en-el-au.php
|
|
|
|
|
| MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA DESCARGAR |
|
Na web do Instituto Superior de Formación e Recursos en Rede para o Profesorado dispomos dunha manchea de cursos interesantes para poder descargar no noso ordenador.
|
|
|
|
|
| CURSOS ABERTOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS |
|
Podemos ler en OCTETO unha interesante nova que nos anuncia a posibilidade de realizar cursos abertos sobre Novas Tecnoloxías da Educación.
O grupo de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Sevilla é o responsable desta xenial aportación.
Merece moito a pena visitar os Cursos Abertos sobre Novas Tecnoloxías da Educación. |
|
|
|
|
| A NOSA AULA DE TIC |
|
RECURSOS EN INTERNET PARA COÑECER O NOSO TRABALLO:
http://garciabarbontic.blogia.com
http://ticbacharelato.blogspot.com
http://tic20082009.blogspot.com |
|
|
|
|
|
|
|