Solpores de Cinsa


BanAna & AppLe


Solpores de cinsa e algún que outro amencer.


O meu perfil
anuskaperalta@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Peche temporal.
Agárdovos en http://www.plus-rien.blogspot.com

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2009 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Eu son galega.


Non é necesario que sexa 17 de maio para dicir : EU SON GALEGA.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2009 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Tempus.

Neste preciso e precioso instante

Chamado Eternidade...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Post mortem.



Ollei pr´arriba. Busquei algo a que amarrarme pra non morrer da dor. Calquera impulso tería sido suficiente. Tan só un pequeno empuxón e conseguiríao. Pero nada diso sucedeu. Agora estou aquí, tirada, inmóvil, completamente espida ante este sol abrasador. Árdeme a pel. Un nó na gorxa. E a mente vai quedando en branco. Sinto como a alma se vai desprendendo do corpo. Deste corpo que xa non me pertence. Alleo a todo. Descompoñéndose baixo esa bóla de lume que algún día chamei "Deus".
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2009 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pechei os ollos.


Pechei os ollos. Só así se pode sentir, só así amar, como eu te amei. E tan doces os teus beizos que me inundo nun oucéano imposible de desecar. Pechei os ollos. De fondo a música soa tímida, inxenua, indecente. Ameite. Como xamáis pensei que poidese chegar a amar. Como nun Titanic sen barco nin náufragos. Pero cun gran mar. No que afogarnos ti e mais eu. As mans deslizáronse sobre a pel en busca de algo a que amarrarse, pra non morrer no medio da treboada. As mans, que saben máis ca ninguén o que é amar, que coñecen os oucéanos todos, esas mans que buscan, que apalpan, que atopan, e morren, afogadas, trala tempestade. Pechei os ollos. Pra sentir máis ca nunca o calor do teu alento. Pra perderme entre o reflexo da Lúa que asoma disimuladamente. Pra morrer de amor esta noite. Ameite. E atopei o teu corpo deitado, e sobre min a tua pel, e sobre min o teu calor pra coñecer de cerca lugares inesperados. Os dous sumidos nun xemido interminable. Os dous xuntos, corpo contra corpo, atopamos o camiño exacto. E as cordas vocais, imposibles de silenciar, sufocaron tódolos alentos reprimidos nun berro inarticulado. E respiramos, sosegados.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2009 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Selo Violeta.

Every little thing...

Hai uns días recibín unha grata sorpresa. Os blogs Ofalarnontencancelas e Papiros de Hermaco agasalláronme co Selo Violeta. Aprobeito para dar as grazas, xa non só por este presente, senón tamén dar as grazas polo apoio e o ánimo sempre mostrado, porque son estas pequenas cousas as que tornan o mundo máis fermoso.

Os blogs agasallados deben seguir as seguintes normas:

- Exhibir o selo Violeta.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os blogs que merezan o agasallo.
- Avisar os indicados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as regras.

E o meu agasallo vai para...

Porque non viramos o mundo?


Papiros de Hermaco

A conxura dos desexos


Blog do I.E.S.Lagoa de Antela
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2009 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E subir...



Subir amodiño.

Que os pasos de xigante non foron feitos para nós...

E subir ben subido.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2009 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ás veces...


Ás veces sinto coma se só nacese pra mirar...

E contemplar así, a beleza do mundo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2009 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Tres tristes tigres...


E os ollos daquela muller cravávanse no peito coma agullas...

O sangue correu a regos pola miña pel.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2009 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Viveirovacacións.


E así pasaban os días...

Sen ningunha incertidume máis que o voo das gaivotas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2009 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Coas súas mans loiras acenan mil adeuses as estrelas ... ( Manuel Antonio)