Solpores de Cinsa



Ana Parada

Entre nubes de plastilina e oucéanos de cartón, corazón de tiza, no país dos soños de cristal.

O meu perfil
anuskaperalta@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Perfume.

Ana Parada, 2008.
Acrílico sobre lenzo.

Con aquel perfume entre as mans
Durmín eternamente entre os teus beizos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E se non tivesemos nariz?


Quero ulir
ulir os teus beizos
ulir os teus ollos e ulirte
a ti
ulirte sen medo
ese recendo a camelias...
ulir
ulir cada noite os teus soños
ulirte por dentro
ulir as túas mans sobre as miñas
ulirte
ulirte para sempre
ulirte aqui e agora
outra vez ulirte
e morrer
morrer nese mesmo instante en que te teña ulido
pra gardar ese aroma
como último recordo
ulirte
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2008 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
The time´s secret.

Alí estaba ela, coma sempre, no seu banco. Ningún movemento, ningún xesto de expresión, limitábase a observar. Quería descubrir o secreto do tempo. Quería detelo, amasalo, trituralo, enredalo, adiante, atrás, voltar, fuxir, parar, correr. Quería que hoxe fose mañán e pasado fose onte. Un instante de alegría condesado nunha décima de segundo. Reter pra sempre aquel bico, e sen medo a perdelo, gardalo no caixón da eternidade.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2008 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
No medio do mar.

Da miña gorxa nunca saíron palabras
Xamáis escribín versos
Nin moito menos poesía

No medio do mar fica pendurado un cadaleito

Non son máis que cuspe dos teus ollos
E sangue que brota da túa boca a berros

No medio do mar afogouse unha troita
Unha noite, despois de tirar as redes.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-05-2008 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E se poidésemos camiñar sobre o ceo?

Voaremos alto, moi alto, ao lugar onde se cumpren os desexos. Esqueceremos as bágoas perdidas en cada oucéano, e buscaremos os soños que abandoamos no camiño.

Aló, todo é posible.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2008 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Perdida entre a escuma


Afoguei na miña sombra
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2008 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Santiago.


Dende abaixo todo se ve doutra maneira. E coronando o ceo as sempiternas torres da catedral abren paso a miles de soños. Sigo falando dende ese surrealismo (máxico-realista) que me caracteriza. Sigo falando. Total, falar é gratis (en teoría). O meu nacemento foille revelado a meu pai nun soño(e se tivese algo que ver?). Total, soñar tamén é gratis. E se nos cansamos de mirar dende abaixo erguémonos e miramos dende arriba. E misturamos touciño con bacallao. Total, a quen lle importa. Botamos a andar, pero as rúas están cheas de buracos e a xente camiña sempre cos ollos pechados. Total, que meten os pés neles. Ás veces, un desprezable odio cara a xente apodérase da miña mente e tamén camiño cos ollos pechados. Total, que sempre acabo tropezando. Esta noite non durmimos, que nos agardan os minutos despois do concerto. Cantamos Oh Bella Ciao Bella Ciao Bella Ciao Ciao Ciao! cos ollos ben abertos buscando estrelas vermellas que guíen o noso deambular. Avante camarada, que aló arriba está o barco, a piques de zarpar cara o País de Sempre Xamais. E percorremos Santiago a rebolos esquivando o tráfico. Rimos e rebolamos. E erguemos o puño cun Bandiera Rossa la Trionferá pra rematar a noite con azucre na cabeza, perdidos entre as nubes por ter coñecido a felicidade. Total, que todo o bo remata.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2008 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Na flor dos meus anos - Señora Carme


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2008 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Esta noite

Co inglés dos teus beizos
Tarareei vellas cancións
Que había tempo levara o vento
E Bob Dylan saía enérxico ao escenario
"Esta noite bailamos", díxome a lúa
E zas
Apagáronse as estrelas
Morreron os ecos
E desapareceron os hourizontes
"Esta noite non me gusta", díxenlle á lúa
E botouse a chorar lóstregos de prata
Con acento canadiense
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2008 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cada tolo, co seu tema.

Entre agoiros de tristura
Proque as palabras lévaas o vento.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2008 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Coas súas mans loiras acenan mil adeuses as estrelas ... ( Manuel Antonio)