|
|
|
|
| O Lucas |
|

Hai case un ano naceu unha rosa.
Agora corre pola casa adiante buscando enchufes nos
que meter os dedos e aprende a mandar beixos.
Lucas, como eres de grande?
E o Lucas estira os brazos canto pode.
Miauuu, onde está o miquiño?
E o Lucas escacha a rir.
Xa non podemos estar tristes, porque el sempre nos regala un sorriso.
Xa non son a pequena da casa, por máis que non deixen de chamarme "a nena".
Un abrazo da túa tía pequena, que non che fai moito caso, pero que te quere coma ninguén! |
|
|
|
|
| En vacances... |
|
 Desapareceron os hourizontes
Tódalas olladas conflúen cara un mesmo punto de fuga
Fuga que te fuga y se fugó
E viñeron as nubes e negháronnos o sol!!
Mais na vida hai tantas nubes
Pero ningunha suficiente
Ningunha demasiado nube
Nin muller nin home
Capaz de arrincarnos os ollos
Porque son demasiadas as retinas descontentas
As pálpebras cansas
E as pupilas dilatadas
Ante tanta arte comprimida nun mesmo asentamento
Aínda hai quen reza
|
|
|
|
|
| Bicicoleando ! |
|
 |
|
|
|
|
| Ou nunca ou xamáis. |
|
aaaaaaaaaa.jpg) Pasarán más de mil años, muchos más ...
E serán suficientes?
O reloxo xa non marca os segundos
Porque serían demasiadas as horas
Non si, meu amor?
Y en el alma solo tengo soledad ...
Sempre me faltas ti
Na imposibilidade dos meus soños
Radica a túa beleza
Eternamente ceibes
Ao mellor debería deixar de soñar
Non si, meu amor? |
|
|
|
|
| Raíña de Amores Imposibles... |
|
Fiquei morta aquela noite
Non había lúa
Nin estrelas
Cantáballe Bunbury a unha tal serea varada
Sabía que era a miña canción
Sabíao e por iso ma puña
E logo mirábame
E eu morría
Si, aquela noite fiquei morta para sempre.
|
|
|
|
|
| Tristes ollos dos que non saben ver máis alá. |
|

|
|
|
|
|
| Dame a túa man. |
|
 |
|
|
|
|
| 25 de xullo |
|
Chove en Santiago
Meu doce amor...
Amencín envolta entre mantas, cun lírico contrapicado da catedral facéndose oco entre os meus pensamentos.
Chove en Santiago
Na noite escura...
Aínda resoan nos tímpanos doces acordes en do menor, as gaitas álzanse entre os berros, hai quen pide liberdade por pedir algo.
Olla a choiva pola rúa
Laio de pedra e cristal...
Morreron os beixos entre as nubes que quixeron roubarnos o sol, morreron as penas, morreron os vellos poetas por non ter xa nada que dicir.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol...
Na rúa a choiva envolve aos eternos peregrinos que recorren a cidade, móllanos de sorrisos, empápanos de lembranzas.
Chove en Santiago
|
|
|
|
|
|
|
Ana Parada
Polo Sur , 2008
Platilina e obxectos naturais
21 x 7 x 7 cm |
|
|
|
|
|
|
| Soan timbres afónicos na conciencia do vello perdedor. Pero nós somos novos e non entendemos nada. Aínda nos quedan moitos oucéanos por encher co cuspe dos nosos ollos. Aínda nos queda o mar e os paxaros. El xa non ten nada. Morreron as espranzas e murchou a sombra que nunca o abandoara. Hoxe camiñamos xuntos. Pero el xa andou tanto que cansa axiña e senta nas pedras. Pra nós as pedras non din nada. Pra el son a vida. Mañán camiñaremos sós. E entón, entenderémolo todo. |
|
|
|
|
|
|
|