O grupo de Teatro Lúa do Sul está na actualidade a representar a obra “Misericordia” de Benito Pérez Galdós.

Teatro Lúa do Sul
teatroluadosul@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Representacións da obra `Misericordia´

2012

- 20 de maio no C.C. de Beade (Vigo)
- 6 de maio no C.C. de Valladares (Vigo)
- 5 de Maio no Centro Civico de Teis (Vigo)
- 27 de xaneiro no Teatro Principal de Ourense

2011

- 2 de outubro no Multiusos da Xunqueira (Redondela)
- 1 de outubro no Multiusos da Xunqueira (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Representacións - Publicado o 29-05-2012 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Montaxe de `Misericordia´

Esta montaxe é un impresionante fresco que o grupo adaptou ao Vigo de principios do século XX. Tratase dun universo marxinal poboado de personaxes trazados coa mano mestra entre os que destacan Benina, -símbolo da caridade-, e o misterioso mendigo Mordejai. Fantasía e verdade; soño e realidade; naturalismo e esperpento fúndense habilmente neste relato.

"Eu non facía mais que pensar na señora, en se tería fame ou se estaría soa"

Nesta adaptación de “Misericordia”, reflíctese o que hoxe chamamos “esperpento”. Aí está esa corte de mendigos a pidir esmola na porta da igrexa da Colexiata para salientar o teatro do absurdo, remarcado na relación entre Benina e a Señora que dende os seus soños imaxina e imaxina, comilonas, riquezas, ouros, pratas... no desvarío da súa fame. Ou o tolo invento dun canónigo que logo resulta ser real. Pero sobre todo, atopamos o teatro da crueldade. ¡Que Mais teatro da crueldade pode haber na biografía desta criada que, como pago ó ben que tenta repartir, acaba pechada na Casa da Misericordia!

Pero esta montaxe non tenta concluir unha historia ou o desenlace dun argumento, senon a bondade, -aquí a de Benina-, no seu estado mais puro; aquela bondade que non agarda recompensa. A ingratitude, a dor e a ilusión dunha vida mellor
Comentarios (0) - Categoría: Obra: Misericordia - Publicado o 29-05-2012 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Contactos do Teatro Lúa do Sul
Tfnos. de contacto:

Director: 649 884 567 (Dario Álvarez)

Xestións: 620 504 411 (Josefa Costas)

e-mail: teatroluadosul@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Contactos - Publicado o 29-05-2012 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal