O grupo de Teatro Lúa do Sul está na actualidade a representar a obra “Misericordia” de Benito Pérez Galdós.

Teatro Lúa do Sul
teatroluadosul@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Historia do grupo de teatro Lúa do Sul
“TEATRO LÚA DO SUL”

TRAXECTORIA DO GRUPO


Comeza a súa andaina no ano 1.975, conformándose como unha Asociación, baixo a dirección de Darío Alvarez Valadares.
Principia coa montaxe da obra “ Os vellos non deben namorarse”, de Castelao. Posteriormente, e logo de representacións sucesivas por distintas vilas e cidades da provincia de Pontevedra, prepara as seguintes obras e estrea:

-No 1976 “Anxélica no umbral do ceo”, de Eduardo Blanco Amor.

-No 1977. “ Vaguedades da nosa terra “, de Rosalía de Castro; Curros Enríquez; Manuel María; Eduardo Pondal e Celso Emilio Ferreiro.

-No 1979. “ Divinas Palabras “, de Ramón María del Valle Inclán.

-No 1982. “A casa de Bernarda Alba “ de Federico García Lorca.

-No 1984. “ As arrecollidas do beaterio de Santa María Exipciaca de Granada”, de Martín Recuerda.

-No 1986. “ Romaría as covas do demo “, de Manoel Lourenzo.

-No 1987. “ Lexionaria “, de Fernando Quiñones.

-No 1990. “Ierma”, de Federico García Lorca.

Todas as subliñadas representacións se levan a cabo en distintas localidades de Galicia. Coas obras “Divinas Palabras” e “Romaría as covas do demo”, participou na “Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia”.

A partir do ano 2000, o Grupo suspende a súa actividade ata o ano 2009 que conformándose con novos actores procedentes de distintas asociacións retoman a preparación dunha nova montaxe, “Misericordia”, de Benito Pérez Galdós, que é a que na actualidade está a representar, tra-la súa estrea na vila de Redondela.
Esta montaxe é un impresionante fresco que o Grupo ten adaptado ó Vigo de principios do século XX.
Trátase dun universo marxinal poboado de personaxes trazados con man mestra entre os que salienta Benina, -símbolo da caridade, e o misterioso mendigo Mordejai. Fantasía e verdade; soño e realidade; naturalismo e esperpento fúndense hábilmente neste relato.

NA ACTUALIDADE
Representa a obra “Misericordia”, de Benito Pérez Galdós. A súa estrea levouse a cabo o sábado 1 de outubro do 2011, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira, en Redondela. O 27 de xaneiro do 2012 no Teatro Principal de Ourense.O 5 de maio no C. Civíco de Teis. O 6 de maio no C. Cultural de Valadares. O 20 de maio no C: Cultural de Beade.

DATOS DO GRUPO
Nome: GRUPO DE TEATRO “LÚA DO SUL”, – VIGO C.P.: 36213.
Enderezo : Camiño dos Aires nº 2, Portal 1, Ático.
Blogoteca.com/teatroluadosul
Email: luadosul@terra.es
Portavoz : Dario Álvarez Teléf.: 649 884 567.
Xestión: Josefa Costas Teléf.: 620 504 411
Nºde compoñentes : 13.
Titulo da montaxe actual: “Misericordia ”, orixinal de Benito Pérez Galdos
Duración : 130 minutos. Xénero : Traxicomedia .
Aire libre: Si.

NECESIDADES TECNICAS
Dimensións do escenario: 11m / 8m / 7m.
Montaxe 2 horas, desmontase 1 h e 30 minutos.
Tomas de corrente : 25.000 W / .

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Lúa do sul - Publicado o 15-06-2012 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
teatroluadosul@gmail.com: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal