O grupo de Teatro Lúa do Sul está na actualidade a representar a obra “Misericordia” de Benito Pérez Galdós.

Teatro Lúa do Sul
teatroluadosul@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Misericordia en no Burgo (Culleredo - A Coruña)
Sábado 19 de outubro representación de Misericordia ás 20:30h no Burgo (Culleredo), no Edificio de Servizos Múltiples.
Comentarios (0) - Categoría: Representacións - Publicado o 10-10-2013 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Ártigos de prensa - Publicado o 25-06-2013 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Fotografías da representación de `Misericordia´


Ligazón ás fotografías da representación da obra "Misericordía"b>
Comentarios (0) - Categoría: Obra: Misericordia - Publicado o 15-06-2012 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Faro de Vigo 6/0502012

Comentarios (0) - Categoría: Ártigos de prensa - Publicado o 15-06-2012 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Faro de Vigo 5/05/2012

Comentarios (0) - Categoría: Ártigos de prensa - Publicado o 15-06-2012 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Atlántico Diario 21/03/2012

Comentarios (0) - Categoría: Ártigos de prensa - Publicado o 15-06-2012 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Historia do grupo de teatro Lúa do Sul
“TEATRO LÚA DO SUL”

TRAXECTORIA DO GRUPO


Comeza a súa andaina no ano 1.975, conformándose como unha Asociación, baixo a dirección de Darío Alvarez Valadares.
Principia coa montaxe da obra “ Os vellos non deben namorarse”, de Castelao. Posteriormente, e logo de representacións sucesivas por distintas vilas e cidades da provincia de Pontevedra, prepara as seguintes obras e estrea:

-No 1976 “Anxélica no umbral do ceo”, de Eduardo Blanco Amor.

-No 1977. “ Vaguedades da nosa terra “, de Rosalía de Castro; Curros Enríquez; Manuel María; Eduardo Pondal e Celso Emilio Ferreiro.

-No 1979. “ Divinas Palabras “, de Ramón María del Valle Inclán.

-No 1982. “A casa de Bernarda Alba “ de Federico García Lorca.

-No 1984. “ As arrecollidas do beaterio de Santa María Exipciaca de Granada”, de Martín Recuerda.

-No 1986. “ Romaría as covas do demo “, de Manoel Lourenzo.

-No 1987. “ Lexionaria “, de Fernando Quiñones.

-No 1990. “Ierma”, de Federico García Lorca.

Todas as subliñadas representacións se levan a cabo en distintas localidades de Galicia. Coas obras “Divinas Palabras” e “Romaría as covas do demo”, participou na “Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia”.

A partir do ano 2000, o Grupo suspende a súa actividade ata o ano 2009 que conformándose con novos actores procedentes de distintas asociacións retoman a preparación dunha nova montaxe, “Misericordia”, de Benito Pérez Galdós, que é a que na actualidade está a representar, tra-la súa estrea na vila de Redondela.
Esta montaxe é un impresionante fresco que o Grupo ten adaptado ó Vigo de principios do século XX.
Trátase dun universo marxinal poboado de personaxes trazados con man mestra entre os que salienta Benina, -símbolo da caridade, e o misterioso mendigo Mordejai. Fantasía e verdade; soño e realidade; naturalismo e esperpento fúndense hábilmente neste relato.

NA ACTUALIDADE
Representa a obra “Misericordia”, de Benito Pérez Galdós. A súa estrea levouse a cabo o sábado 1 de outubro do 2011, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira, en Redondela. O 27 de xaneiro do 2012 no Teatro Principal de Ourense.O 5 de maio no C. Civíco de Teis. O 6 de maio no C. Cultural de Valadares. O 20 de maio no C: Cultural de Beade.

DATOS DO GRUPO
Nome: GRUPO DE TEATRO “LÚA DO SUL”, – VIGO C.P.: 36213.
Enderezo : Camiño dos Aires nº 2, Portal 1, Ático.
Blogoteca.com/teatroluadosul
Email: luadosul@terra.es
Portavoz : Dario Álvarez Teléf.: 649 884 567.
Xestión: Josefa Costas Teléf.: 620 504 411
Nºde compoñentes : 13.
Titulo da montaxe actual: “Misericordia ”, orixinal de Benito Pérez Galdos
Duración : 130 minutos. Xénero : Traxicomedia .
Aire libre: Si.

NECESIDADES TECNICAS
Dimensións do escenario: 11m / 8m / 7m.
Montaxe 2 horas, desmontase 1 h e 30 minutos.
Tomas de corrente : 25.000 W / .

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Lúa do sul - Publicado o 15-06-2012 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Representacións da obra `Misericordia´

2012

- 20 de maio no C.C. de Beade (Vigo)
- 6 de maio no C.C. de Valladares (Vigo)
- 5 de Maio no Centro Civico de Teis (Vigo)
- 27 de xaneiro no Teatro Principal de Ourense

2011

- 2 de outubro no Multiusos da Xunqueira (Redondela)
- 1 de outubro no Multiusos da Xunqueira (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Representacións - Publicado o 29-05-2012 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Montaxe de `Misericordia´

Esta montaxe é un impresionante fresco que o grupo adaptou ao Vigo de principios do século XX. Tratase dun universo marxinal poboado de personaxes trazados coa mano mestra entre os que destacan Benina, -símbolo da caridade-, e o misterioso mendigo Mordejai. Fantasía e verdade; soño e realidade; naturalismo e esperpento fúndense habilmente neste relato.

"Eu non facía mais que pensar na señora, en se tería fame ou se estaría soa"

Nesta adaptación de “Misericordia”, reflíctese o que hoxe chamamos “esperpento”. Aí está esa corte de mendigos a pidir esmola na porta da igrexa da Colexiata para salientar o teatro do absurdo, remarcado na relación entre Benina e a Señora que dende os seus soños imaxina e imaxina, comilonas, riquezas, ouros, pratas... no desvarío da súa fame. Ou o tolo invento dun canónigo que logo resulta ser real. Pero sobre todo, atopamos o teatro da crueldade. ¡Que Mais teatro da crueldade pode haber na biografía desta criada que, como pago ó ben que tenta repartir, acaba pechada na Casa da Misericordia!

Pero esta montaxe non tenta concluir unha historia ou o desenlace dun argumento, senon a bondade, -aquí a de Benina-, no seu estado mais puro; aquela bondade que non agarda recompensa. A ingratitude, a dor e a ilusión dunha vida mellor
Comentarios (0) - Categoría: Obra: Misericordia - Publicado o 29-05-2012 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Contactos do Teatro Lúa do Sul
Tfnos. de contacto:

Director: 649 884 567 (Dario Álvarez)

Xestións: 620 504 411 (Josefa Costas)

e-mail: teatroluadosul@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Contactos - Publicado o 29-05-2012 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal