Tattoos da Galiza


Este é um trabalho coletivo: estamos a fazer umha colecçom em rede de fotos de tattoos em galego ou de tema galego. Se queres colaborar, envia-nos a foto da tatuagem a clubedalingua@gmail.com
Umha colecçom de fotos de tatuagens da Galiza, recolhida polo Clube da Lingua - Equipo de Normalizaçom do IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes.

"Tattoos da Galiza: Palavras à flor da pel" forma parte do nosso projeto "Palabras de Pedra"

"Tattoos da Galiza" escreve-se tamém com NH e LH, em galego internacional, como mostra de que o movimento de defensa da língua tem força na diversidade e todas as persoas e letras que defendem o nosso idioma som úteis e necessárias.

Viva a energia coletiva!




clubedalingua@gmail.com

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tattoos da Galiza 2016: Tattoos sem palavras!






Juan García








Manu Lago: "O tattoo é un debuxo de Alejandro AB realizado por Javier Rivas - Estudio TNT de Milladoiro. ´É o pe no mar. A verdade é que tiña a necesidade de traer o mar preto de min (como se fose Marta Dacosta no seu "Crear o mar en Compostela"), non só pola necesidade de ver o mar máis a miúdo, se non por lembrar a aquel que morreu afogado na súa paixón. Supoño que, aos que somos de costa (no meu caso Costa da Morte), cústanos estar lonxe e témolo na memoria constantemente".












IRia Cor Kafé e o seu Castelao









Tatuagem de Love & PrideTattoo. O tatuador é Bona, Buenaventura Rio.










Enviada por Marko Pérez











Enviada por Marko Pérez









Camaleon Tattoo







Dr. Mortis Tattoo Clinic







Camaleon Tattoo







Marko Pérez enviou este tattoo celta.











Enviada por Marko Pérez














Enviada por David Diz Borrajo, de Secret Bridge Tattoo.







Andrea Montero"Son Andrea, ecríbovos dende Miño, A Coruña, por mor de que chegou ata os meus oídos o voso proxecto "Tattoos da Galiza". Paréceme unha aposta fantástica, cando menos, polo que, sen dubidalo, quixen aportar o meu graíño de area e compartir convosco o que me acompaña na pel dende fai xa case un ano. 


Adxúntovos pois, unha foto da miña tatuaxe de bailador e bailadora vestindo a traxe tradicional galega. A silueta pertence ao meu corpo e ao de un bo amigo da infancia que comparte paixón canda min... Ademáis do especial da tatuaxe, a foto ten un gran valor sentimental, xa que foi sacada durante un dos primeiros concertos que ofrecín xunto co meu grupo, Xosé Lois Romero e Aliboria, o pasado mes de Xaneiro, en Ames, Santiago de Compostela."










 Tania Medina, de Serie Z Tattoo & Piercing, de Ourense.













Pablo Terra Nos Ollos:  " Deixo por aquí a tatuaxe que teño no xemelgo dereito. O Reino da Galiza. Así o levo comigo a todas partes. Son o vadío coa terra nos ollos."







































Tatuagens de faros realizadas pola tatuadora Mayca Loreley Abate, enviada por Jacobo Tootattoo Santiso Santiso












Enviada por David Diz Borrajo, de Secret Bridge Tattoo.









María Xestal Vida: "Non lembro do nome do tatuador pero este golfiño galego leva conmigo media vida en lembranza do meu mar das Xubias hoxendía concello da Coruña e coa ría morta pola contaminación... Pola ría das Xubias, pola ría do Burgo."









Enviada por Fernando TattooArt











Iago Álvarez, com Serie Z Tattoo Piercing de Ourense.











Envidada por Marko Perez









Enviada por Dr. Mortis Tattoo Clinic














Lorena Losada: "Galega fóra da terriña (aquí ao lado, pero fóra en definitiva), así que a palavra que pode definilo é "Morriña", cada vez que escoito unha gaita ou vexo un anuncio do Gadis asoma unha bágoa. Quería un tattoo de algo que tivera significado para min e que mellor que o comezo do noso hino... Quedou en Rumoroooo... porque non habia espazo para màis... hehehe."












Enviada por Camaleon Tattoo









Mari Ronnie envia-nos esta foto do seu tattoo, feito por Marko Pérez: "Un pardao que, como di o meu Josi, dos Suaves, se asoma aínda que chova.  Para min el é outro dos poetas galegos máis grandes. Graciñas."







Enviada por David Diz Borrajo, de Secret Bridge Tattoo.







Enviada por Bibiana Corzón








O tattoo é un debuxo de Alejandro AB  realizado por Javier Rivas - Estudio TNT de Milladoiro


Manu Lago: "O tattoo é un debuxo do meu admirado debuxante Fran Riveiro. Fran Riveiro traballa con planos de cidades ideais, e se te mergullas neles con lupa, descobres detalles alucinantes!! O rapaz ten un universo que me atrae moitísimo."








Daniel Valladares Fernández: "Traballo feito en LOCO DESTINO en Vigo na rua Principe, nas galerias Duran, por Jorge (Karde) Composicion que recolle os petroglifos mais emblemáticos da Galiza, baixorelieve efecto pedra en grises"





IRia Cor Kafé enviou o seu tattoo do petroglifo da Laxe das Rodas.









Estigma Tattoo Coruña, tattoo realizado por Javier Fernández









"Ola, amigos. Un colega pasoume o dato do que estabades a facer cos tattoos e nada, que vos mando a miña que ten un trisquel que me lembra constantemente á terriña e ás orixes celtas, e abaixo un gato que seguro que vos é suavemente familiar. Son de Ourense e chámome Jesús, Suso para os amigos. Xa levo algún tempo vivindo en Quito, Ecuador.  Apertas e noraboa pola iniciativa!"








Tatuagem realizada pola tatuadora Mayca Loreley Abate, enviada por Jacobo Tootattoo Santiso Santiso











Enviada por Estigma Tattoo Coruña, tattoo realizado por Javier Fernández









Enviada por Estigma Tattoo Coruña, tattoo realizado por Javier Fernández







 Tania Medina, de Serie Z Tattoo & Piercing, de Ourense














Sabela Iglesias, Sabela O'Gheiver:


"Envío aquí a fotografía da miña tatuaxe no brazo esquerdo. Mando dúas, a soleada é ben máis bonita que a outra pero ten menos calidade sobre todo no caso de que se queira imprimir. Tentei replicala coa reflex pero este tempo chuvioso non mo permite. Así que vai a do cesto, a maior calidade e onde o debuxo se ve con máis claridade. Empregade a que queirades 


Tatueime un toxo porque me gusta como inza os nosos montes coa súa intensa cor. Ninguén pon esas flores na súa casa nin no seu xardín. Eu queríaas no meu brazo esquerdo, perto do pulso. Gústame o contraste das súas formas: as suaves das chorimas alegres e vivas con estalido amarelo e as bravas e firmes das espiñas defensivas."







Enviada por Marko Pérez.







Trisquel enviado por Marko Pérez.







Enviada por Camaleon Tattoo.












Raque Lilolelale: O trisquel fíxeno alá polo 2010 en "Viva María", en Compostela. Segundo a cultura celta, o trisquel representa a evolución, o crecemento e a aprendizaxe perpetua, o equilibrio entre corpo, mente e espírito.












Enviada por Estigma Tattoo Coruña, tattoo realizado por Javier Fernández






Enviada por Body Art Maexna 











Enviada por Dr. Mortis Tattoo Clinic









A abelha de Roi Earan



Enviada por Doctor Mortis Tattoo Clinic
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-06-2016 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 check it right now for#blgtk08# HSE results gseb.org
Comentario por gseb.org (28-02-2018 13:07)
2 Supoño que, aos que somos de costa (no meu caso Costa da Mort#blgtk08#e), cústanos estar lonxe e témolo na memoria constantemente".
Comentario por vivienneswestwoodoutlet.co.uk (11-03-2020 04:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0